O amor a tres bandas é un xogo perigoso no que sempre un dos tres acaba perdendo, cando non os tres. Estiven vendo unha película na que dous homes e unha muller vivían unha historia de amor compartida, de amistade e de rebelión contra as regras establecidas, onde o binomino lealtade- traición constituén a tela que conforma a sólida relación entre as personaxes. Ver nesta tarde Asfalto levoume a cavilar sobre o amor cando son tres os que o comparten, e levoume tamén a ese rinconciño da memoria onde eu gardo a miña propia historia persoal na que eu era a unha parte do trío.
Hai unha dozura especial no momento xusto en que tres se meten na cama para durmir xuntos, e despois do sexo, durmen abrazados, él abrazado á cintura dela; ela ao peito do outro.
Pensar en tríos nunha tarde de domingo cando non tes un mal bico que levar á boca é sin dúbida poñer irremediablemente un punto de tristeza nas horas. Pero o bó desas historias de tres é que cando rematan deixan un sinal imborrable na pel, é bonito lembralas, sobre todo cando xunto co recordo do sexo, aparece tamén o recordo da calor daquela fin de semana, e a ternura infinita que se respiraba, e a tranquilidade daquel momento, sentados os tres no sofá, desnudos, bebendo cervexa e falando de viaxes antigas. Dúas bocas para entregarse a elas e dous corazóns para salvarte da tristeza. En Asfalto Chino non aguanta máis, e ao final abandónaos, tócalle perder. E a esperanza é un vehículo que se alonxa cos outros dous do trío camiño da liberdade e do amor, esta vez sin o terceiro da súa parella. Creo que é un bó final, con carácter xeral, pero eu non puiden evitar sentir un pouco de pena, coma si ao fin non conseguise triunfar o amor. Qué manía crer que as cousas son dunha determinada maneira e que non poden ser doutra distinta. O amor é cousa de dous e a fidelidade é unha máxima absoluta incuestionable. Esto foi o que nos ensinaron dende nenos. Teño certas dúbidas ao respecto. O amor é o que é e as cousas son como son. Os triángulos amorosos son máis abundantes do que nos imaxinamos, sobre todo os triángulos que se sustentan sobre os desamores compartidos. El quérea a ela, ela quere ao outro, o outro quéreo a él, por poñer tan só un exemplo.A vida é amor e desamor a partes iguais. Non hai normas absolutas, tan só persoas e momentos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario