05 mayo, 2008

A sobriña de Rouco



A actualidade nunca deixa de sorprendernos. Fai uns minutos apenas, estaba eu tranquilamente tomando un café no bar do lado da oficina cando pola tele me sorprenderon as imaxes da última portada da revista Interviu. Nela ,a xove que luce o seu peito non é nin máis nin menos que a sobriña do presidente da Conferencia Episcopal, o cardeal Rouco Varela. A moza, Magdalena de nome, di que co seu desnudo pretende desnudar a hipocresía do seu tío e de toda a igrexa católica. A min Magdalena non só me conmove co seu desnudo -ainda que non me gustan os seus peitos- senón que me alegra que sexa capaz de darlle nos fuciños a toda a xerarquía eclesiástica coa súa actitude.

Rouco Varela é vilalbés , coma min, e coma moitos outros "grandes homes" da dereita do noso país. Pero entre todos estes ilustres que pariu a miña terra, éste é sen dúbida o que máis repulsión me provoca. Quizais porque pertence ao sector máis rancio da igrexa, ao máis radicalmente conservador nas súas formulacións. Está en contra de calquera avance social que poda levarse a cabo, e no nome da familia ataca directamente o matrimonio entre homosexuais, o divorcio, o uso de anticonceptivos, a adopción por parellas homosexuais e a materia de educación para a cidadanía. Sin embargo, este gran defensor da familia é acusado pola súa sobriña de non querer recibila tras a morte de seu pai. Non estamos ante un fenómeno extrano, máis ben era de esperar que nalgún momento se tralucise este velo de apariencias que constitúe a esencia da nosa igrexa, esa hipocresía que se reflexa nunha doble moral, na que o que se di e o que se fai - tal que como conta Magdalena- non están en coherencia.

3 comentarios:

bor dijo...

En contraposición a la postura tan radical del Sr. Rouco Varela, resulta que ayer mismo salia en ese maravilloso programa de TVE, España Directo... un reportaje en el que entrevistaban a un cura de algún lugar de Galicia que estaba de acuerdo con el matrimonio gay, entre otras cosas. Se lo rifaban en varias parroquias!!! El tipiño estaba un poco stresado, resulta que en el tiempo de duración de la entrevista daba 7 misas!!! Y no paraba de decir tacos jejeje...

Por cierto, decían que había sido amonestado en varias ocasiones (no se de que modo) por su forma de pensar.

Reina de Palandria dijo...

ya lo vi, jeje, qué hacías tu viendo España Directo? en fin, a ver si ahora nos hacemos todas fans del programita.
En cuanto a lo del cura, no se yo, no me fío mucho de los curas progres...es como aquello de los maricas de derechas, algo de hipocresía siempre se respira en el ambiente.

Bicos, guapa

bor dijo...

Pues ya ves... nuestra amiga la enfermita, me obligó a ver la tele, ahora le da bastante al zapping... jejeje...