29 mayo, 2008

Mojitos.

Non teño tempo que perder, os exames de xuño - como a unha universitaria máis, aínda que a destempo- téñenme ocupada casi as 24 horas do día, pero ás veces lé unha noticias que a fan saltar da mesa da biblioteca e sentarse diante dun ordenador. Esta vez non foi Rajoy nin a crise do PP, nin a crise económica, foron esta vez 400 mojitos que a Consellería de Cultura pagou polo módico prezo de 600 euros. A difusión internacional da cultura galega é algo moi importante, sen dúbida, e dende logo a inauguración dunha exposición ," Arte desde Galicia" ,ben merecía o gasto de 1625 euros nun piscolabis para os asistentes no que o prato forte era o mojito. Pero non vaiades a pensar que a Consellería de Cultura tirou a casa pola fiestra, derrochou a mans cheas, ou fixo un gasto abusivo das arcas públicas, non. O prezo por mojito non puido ser máis económico , tan só 1,50 cada un, vamos, unha ganga.
E eu xa me quedo máis tranquila sabendo que o nacionalismo galego era esto, promocionar allén dos mares as nosas raíces en todo tipo de actos culturais, e interelacionarnos coas culturas dos outros, a través das súas viandas e bebidas típicas. O nacionalismo galego é unha mezcla de festa rexional, cultura autóctona e difusión do noso polos medios que sexan, pero claro, non vamos facelo á secas. 400 mojitos son un bó comezo para unha exposición na que pretendemos darnos a coñecer a outra cultura, xa que despois dos mojitos a ver quen é o listo que fai crítica do que alí se expoña, non?
A factura de marras, que podemos vela hoxe en tódolos xornais ten algo de insólito, en todo caso, a súa mesma existencia. Todos imaxinamos a conselleiros defendendo no Parlamento os gastos xenéricos xenerados por programas de cooperación internacional no marco de convenios de colaboración...etc, etc, e moitas outras estrataxemas rimbombantes,pero cando chega a realidade en forma de factura na que se detallan 400 mojitos, a 1,50 cada mojito, o que fai un total de 600 euros, a defensa do temiña, ainda que o podamos adornar con " acto convocado para a apertura da exposición Arte en Galicia celebrado na 17 edición da Feira do Libro da Habana, co que se pretendía contribuír a difusión internacional da cultura galega..." pois non deixa de ser diñeiro público, cartos de todos para entendernos, despilfarrados en mojitos, co que eso axuda a esto da difusión.
En fin, cousas da nosa Xunta a parte, eu sempre teño no meu punto de mira ao PP, que hoxe parece que está en periodo de tregua, e así, no xuízo contra Losantos pola querella interposta por Gallardón, van Aguirre, Zaplana e Acebes, e deixan só a Losantos no banquillo dos acusados. Vamos que foron os susodichos chamados como testigos pola avogada defensora e os tres, en contra do que cabía esperar, e máis dados os acontecementos-puñaladas dos últimos meses, van e fanse os tolos, os olvidadizos e deixan a Losantos en pelotas, sóiño coa súa acusación.E é que é certa a frase aquela de "sorpresas te da la vida, la vida te da sorpresas..."

2 comentarios:

vanesa dijo...

Pois sí que están a moi prezo,unha ganga de mojitos.
Pero eu prefiro caipiriñas

Reina de Palandria dijo...

eso será cando vaimos promocionar a cultura galega ao Brasil ,ou cando fagamos unha xuntanza cos nosos veciños lusos para perfilar un pouquiño máis a nosa lingua, ou falar do tempo...