As persoas que podrecen en cartos e que viven rodeados de fama cren na maioría das ocasións que están por riba das leis , das leis dos homes, as que se fan no Parlamento, e mesmo das leis da natureza. E así montan nos seus cochazos e a toda velocidade surcan as cidades cal asesinos en serie , sentindo unha sorte de inmunidade polo poder que lles otorga o vil metal. Non só son os makeleles os que se dedican a esta tarefa de desafiar todas as normas establecidas e despois rirse da xustiza cubrindo a cara cunha braga amarela e dicindo que o alcohol a eles –por ser consumidores habituais- non lles afecta. Esta fin de semana eu mesma me subín nun Mercedes cuns colegas que ían borrachos, e atravesamos a toda velocidade o centro de Marín. Os nenos pijos que conducían o coche están acostumbrados a saltarse á torera calquera prohibición policial, calquera norma de tráfico, e eu, que son tan cívica, deixeime levar por unha especie de tolemia que me impediu reaccionar a tempo. O flamante Mercedes era un arma mortal, e nós – todos nós- asesinos potenciais nas rúas. Arrepíntome da aventura que protagonicei xunto con esa pandilla de nenos de papá bebidos e arrogantes, pero ás veces é preciso que pase un tempo de reflexión, para darse unha conta de que non vale a pena xogarse a vida nas estradas por moito amor que che prometan . Un amigo meu encabeza o seu correo electrónico co dito “ sin risco non hai diversión”, e quizais sexa certo, pero os riscos que asumimos deberían ser só persoais . As nosas accións non deberían acarrear nunca risco para os demais, e cando nos subimos nun coche e o conductor vai pasado de copas somos todos igual de culpables. Non serve de nada que papá veña coa súa billeteira a pagar os desastres, que teña cartos para avogados e mesmo para enviarte a outro lugar onde non te coñeza ningúen e poidas comezar de cero. Non sei en qué estaba pensando eu cando me subía nese Mercedes, pero o que si sei é que non voltarei a xogarme a vida nunha estrada , por moito que no momento pareza unha boa idea.
No hay comentarios:
Publicar un comentario