Cada mañá cando vou camiño da oficina crúzome con moreas de nenos que collendo da man a seus pais van cara a escola. Podería ir por outro lado pero sempre prefiro ver nenos pola maña e non os milleiros de pantasmas que crea a nosa sociedade de consumo. Recoñezo – de tanto observalos- a cada un deses nenos, ata o punto de que si algún deles enferma un día e non acude á escola eu bótoo en falta deseguida. Pero no medio de todos eles hai un especialmente que me chama a atención. O neno é un neno corriente pero non o é o adulto que leva collido da súa man. Este neno sae cada maña camiño da escola agarrando fortemente ao seu avó, un antigo homiño ao que o paso do tempo e da vida o convertiron nun home sabio que ten moito que contar. Ë un home pequerrecho, redondillo casi, que pasaría desapercibido para calquera si non fose polo enorme soriso que se debuxa no seu rostro. Ë un home orgulloso de ir co seu neto pola rúa, un home que ten a vida feita e que agora camiña feliz cada maña para a escola acompañado dese neno pequeño e miúdo do que ten tanto que aprender. Hoxe –nos escasos segundos que transcurriron mentres nos cruzabamos- coleime nunha conversa entre o neno e o avó. Nunca vin un deses , non sei como é- dixo o avó ao neto, sin que soupese eu a que se refería. E o neno constestou : Non te preocupes, esta tarde baixócho de internet.
No hay comentarios:
Publicar un comentario