Hoxe o ceo é de cor laranxa, por fin. Hoxe saiu o sol pola tarde, a primeira tarde de sol da primavera. Hoxe a tarde ulía a herba recén cortada, casi un privilexio neste mes de maio que levamos, que xa remata, que se me dilúe entre as mans. Deixou tan só auga, dentro e fóra dos meus ollos. Non paga a pena conservar recordos, nada apetecible, nada que mereza ser gardado nos laberintos da memoria para usalo máis adiante, cando esteamos perdidos para sempre. Nin siquiera deixa maio unha porta aberta a novos horizontes.
Pero nesta noite que ule a final de algo -principio da primavera tardía- só se me ven á mente ese homiño casi esquecido, pouco máis. Apareceu de novo, como saído da nada, pero ao mesmo tempo rodeado de irrealidade. Non sei si o voltarei a ver, nin siquiera sei si quero volver a velo. O amor é unha merda, pero cando ninguén che consigue tocar o corazón, non sei, da pereza abrirse a calquera posibilidade. Eu perdo sempre. Non teño ganas de loitar por comezos que sempre teñen un final. Hoxe estaría ben sentir de novo a súa pel, as súas mans, os seus beizos...Ten unha boca pequena -moi pequena- que lle suaviza as faccións enormemente. As súas mans son tamén pequenas. Pero o tamaño das cousas non é tan relevante, ¿ou si? Gústame sobre todo del que me deixa ser eu mesma, que me fai sentir libre para ser eu. Eso é importante.
Hai persoas que non nos fan sentir cómodos, que parece que nos xulgan, que nos intimidan, e pola contra, hai persoas coas que non temos que finxir, coas que non temos que procurar ser algo distinto do que somos, persoas coas que non son incómodos os silencios, sinón máis ben un remanso de paz e tranquilidade. As veces non nos damos conta do beneficiosas que son para nós certas persoas que simplemente coa súa presenza no noso espacio nos fan sentir especiais.
No medio deste mes tolo chegou él. Alto, desgarbado, con mirada de canciño triste e orellas de soplillo , como di él. Non sei moi ben que papel ben xogar ao meu panorama particular, nin si terá cabida na miña historia inconclusa nesta cidade que me adoptou. Pero o que importa é esa sensación efímera de tranquilidade, como si o coñecese dende fai moito tempo, sin importar que sexamos totalmente diferentes en todo, na forma de ver o mundo e de relacionarnos cos demais.
En fin, Maio dinos adeus cun tempo que anda coma a xente, revolto. Quero que remate dunha vez, para non ter que volver a pensar no que significou na miña vida, no triste que foi velo pasar. Adeus Maio, adeus. Benvido todo o que teña que vir, sobre todo os bicos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario