02 mayo, 2008
Ovellas
Estiven en Vilalba a fin de semana, e isto é o que máis captou o meu interese nuns días con sol, o rebaño de ovellas do meu pai. Sentín unha sorte de liberdade e de tranquilidade ben distinta a que experimento nesta cidade. O prado de detrás da miña casa familiar, cercado cun muro, sirve de pastizal a un fermoso rebaño ao que meu pai coida con esmerada paixón. E fermoso ver a meu pai -xa maior, o home- entregado á tarefa de pastor tardío, como unha expiencia vital na súa vellez que o recorforta ao tempo que o mantén ocupado e áxil. Manterse vivo cando parece que xa está todo feito na vida dun - casa feita, fillos criados- é tan só unha decisión persoal que cada un de nós ten que procurarse como poida. Admiro a dedicación e a ternura coa que meu pai afronta os anos de xubilado, sin deixar que os días pasen en balde, como si só lle quedase agardar a morte. Queda moito por vivir, e todavía lle falta moito que construír, e as súas ovellas son o exemplo claro da súa vitalidade.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario