Volto á actualidade, a sumerxerme nela como única tabla de salvación. Porque a verdade é que San Gil, Mayor Oreja, o congreso do PP son as únicas cousas que me confiren algo de felicidade -real- neste mes de Maio que discurre como un aterrador terremoto pola miña xeografía. Volto á actualidade, e aquí me atoparedes, defendendo con certa ironía ao bó de Mariano (faise bó a medida que os máis malos toman a palabra a portazos contundentes) e ainda que respira todavía, sabemos todos que pouco aguantará en pé. Estudiaba onte as causas de división internas dentro dos partidos políticos, e o meu libro, desgranaba como primeira e principal causa as lealtades a líderes dirixentes do partido que aspiran a controlar o poder da organización. Non fala o meu manual de debates ideolóxicos, ou polo menos non pon o acento neste tema. O que divide é sempre o poder, e quen loita polo poder son as persoas. Creo que o sector aznarista chega tarde para romper o congreso do PP de xuño, pero dende logo está construíndo con suma habilidade a base do aniquilamente total da figura de Rajoy. Pode que Rajoy consiga parecer vencedor do Congreso, pero a realidade é que hai unha forte corrente opositora, que está forzando un "non" entre as filas do PP , e dende logo dando credibilidade casi matemática ao feito de que Rajoy non encabezará a candidatura á Presidencia do Goberno nas eleccións xerais do 2012.
Polo demais, non teño demasiado humor para enfrascarme con ironía en calquera crise interna que non sexa a miña propia. Estou nun punto morto, de tempo e espacio. Non alcanzo a imaxinar canta decepción cabe nun corazón noble e sinceiro, e sin embargo presinto que é infinita. A decepción preside o meu maio mentres o mundo chora por múltiples motivos, atentados, terremotos terribles, asesinatos múltiples...Non entendo o mundo no que vivimos, nin as razóns que moven aos homes e mulleres a facer o que fan. Hoxe non teño fe na humanidade, máis quédame un pouquiño de forza para continuar detrás desta pantalla, sin implicarme demasiado, eso sí.
No hay comentarios:
Publicar un comentario