Hoxe remata o ciclo de Diálogos en Pontevedra, será ás oito da tarde no Centro Social de Caixa Nova en Pontevedra e contará coa intervención do xornalista e escritor Manuel Rivas, e co escritor e crítico Ramón Nicolás. O presentador será o xornalista do Diario de Pontevedra Manuel Jabois.
A Manuel Rivas tiven a sorte de coñecelo polo ano 2004, cando o entón presidente do Goberno José María Aznar se dignou a ir á Coruña a comprobar in situ os desastres que causou o Prestige nas nosas costas. Por suposto que dado que o presidente se fixo de rogar coa súa visita, éramos moitos os que acudimos a recibilo nunha mañá de sábado fría. Aznar tiña medo ao que puidese acontecer, e non deu a cara, o cordón policial era descomunal , e nin siquiera alcanzamos a velo. Eu acudín cuns amigos, todos resacosos, e un deles casi acaba tirado ao mar por un policía secreto disfrazado de mariñeiro. Alí estaba Manuel Rivas, berrando como o que máis, tan indignado coma nós pola desfachatez que mostrou o presidente en todo o asunto do chapapote. Foron momentos intensos, nos que deixamos a gorxa seca, nos que puxemos a alma enteira loitando polos nosos ideais. Non vimos ao presidente aquela maña de sábado, nin ningún medio de comunicación mencionou a cantidade de persoas que alí estábamos protestando pola nefasta xestión que o Goberno fixo dese asunto, pero as tensións e as emocións daqueles días permanecerán na nosa memoria para sempre, e somos moitos, entre eles Manuel Rivas , os que podemos dar conta do que en realidade aconteceu.
No hay comentarios:
Publicar un comentario