Comeza a conta atrás, o meu Maio particular, que non sei por qué pero non quero compartilo con vós. Nunca pretendín que este blog fose unha especie de balcón das miñas intimidades, e ás veces, cando un escribe preso dunha especie de furia que nos domina dunha maneira totalmente incontrolable, faise inevitable mostrar certas debilidades, certas flaquezas que conforman o noso universo particular. Non, non era eso o que eu pretendía. Era buscar unha especie de loucura, algo que me permitise non afogarme na sinrazón dos momentos, na ausencia de felicidade que ás veces se presenta como a única realidade palpable. Era eso, un camiño para buscarte, e atoparte ahí, consciente do espacio que habitas, do papel que xogas na miña vida e na vida dos demais. Buscar e atopar, e compartir ideas, pensamentos, opinións, estados de ánimo, quizais. Pero non quero –nunca pretentín tal cousa- facerte partícipe tamén dos feitos que van confeccionando os meus días iguais. Sin ti non sería o mesmo nin este blog, nin probablemente esta que escribe. Sin ti son pó, que se desvanece no aire, que se fai invisible, incorpóreo.
Estiven toda a tarde ás voltas co fascismo, tiven que rescatar dos libros as figuras de Hitler e Mussolini, e tiven que lembrar todo o horror e sangue que deixaron co seu paso. Algúns politólogos afirman con certa rotundidade que o fascismo foi un fenómeno circunscrito á Europa de entreguerras e que é impensable que se repitan reximenes fascistas do tipo do italiano e alemán , ou mesmo do rexime fascista de Franco que padeceu o noso país durante catro décadas. Sin embargo eu non son tan optimista, e penso que as ideas fascistas poden atopar apoio popular alí onde outras formas de goberno non consiguen satisfacer as necesidades dos cidadáns.
As sociedades modernas atopanse con problemas de difícil solución aos que ás veces a democracia non aporta solucións consideradas válidas polo común da poboación, como a seguridade , os problemas que xenera unha crecente inmigración, o envellecemento constante da poboación co que conleva iso en relación coa necediade de dotar máis porcentaxe do gasto público para facer fronte as pensións de xubilación, etc…Cando a sociedade non atopa respostas, ou ben estas non son fáciles, certos grupos comezan a buscar en movementos e ideas fascistas o camiño para escapar da alienación que provoca unha sociedade excesivamente individualista, consumista , competitiva e insolidaria que xenera constantes sentimentos de fracaso e envexa ,odio e resentimento hacia os outros.
Da un pouco de medo pensar en que a día de hoxe sexa posible un Holocausto, conducido por un tolo con ideas totalitarias, pero o certo é que constantemente vivimos rodeados na nosa cotidianeidade de distintas manifestacións de fascismo, que – a min polo menos- me impiden suscribir a tesis do fin do fascismo como forma de goberno no futuro.
Quixera estar tola, outra vez, só unha vez. E rexirme polas regras polas que se rexen os tolos. A ausencia de regras, ¿ou non?
Buscar vai irremediablemente unido á ausencia de algo. Buscamos o que non temos, o que nos falta, o que perdimos, o que nunca tivemos. Buscamos sin saber si existe aquelo que buscamos. A búsqueda da felicidade é a gran obsesión do noso tempo. Buscamos a felicidade no Corte Inglés, en Ikea, en Zara… Buscamos a felicidade nun montón de cousas envoltas en papel de celofán. Pedimos o ticquet e sentímonos responsables coa nosa compra. Somos o que compramos. O que temos mide a nosa felicidade, o que non temos a nosa debilidade, a nosa desesperación. Os anuncios de Master Card dannos ideas sobre as cousas que non teñen prezo, como si xa non pudiésemos distinguir o que non se pode conseguir con cartos. ¿Estamos condenados á infelicidade? Buscamos o que non temos e non atopamos máis que desolación, caos, dúbidas. ¿É posible que nos estemos equivocando na nosa búsqueda? A felicidade non se paga con tarxeta de crédito, non se busca nos centros comercias nin se financia a prazos cun crédito ao consumo. A felicidade é estar tolo, sin necesidade de nada no medio de todo. ¿Cómo se poden romper as cadeas que nos oprimen, que nos fan prisioneiros dunha realidade que quizias non eleximos? Esa é a gran incógnita do noso tempo, cómo conseguir vivir sin mil cremas hidratantes na equipaxe de man e papel hixiénico de doble capa no wc. Quen teña a resposta, que a comparta con nós e nos faga un pouco máis libres.
No hay comentarios:
Publicar un comentario