Sei que estás ahí, cosida, convalecente, entre pucheiros e paseos polo campo, redescubrindo a tranquilidade. Sei que te asomas ao meu mundo-blog como quen se asoma a unha fiestra e que me escudriñas dende a distancia, que sigues os meus pasos, que sabes incluso mellor ca min cales son os meus humores. Eu, dende aquí, tamén te vexo. Levo observándote anos, asistindo orgullosa ao teu crecemento persoal, atenta sempre aos teus consellos casi maternais, e cómplice de mil vivencias sorprendentes. Faiseme extraño que sexas ti a que descansa na casa familiar despois dunha operación, e ainda así non perdes a túa esencia protectora, eres ti a que chama para preguntarme que tal me vai, si saín onte ou si estudiei os temas que me faltan.
E eu sei que estás ben, que apenas é un rasguño a cicatriz que che fixeron e que ademais non se vai ver nada co bikini, pero non me basta. Egoístamente necesito que acabes de curarte de todo, que voltes á Praza da Verdura a tomar o sol con vermú, recobrando as anécdotas da noite anterior e dándome as explicacións –qué facilidade tes para simplificar as cousas cando os demais non entendemos nada- que a min me faltan sobre o comportamento do xénero humano. Necesito que me lembres que o Nestea vai entre copas e que o amor non é unha tabla de salvación, que son os amigos os únicos que cumplen fieis esa tarefa. E ti asumes esa responsabilidade coa firmeza dunha obriga inevitable, porque eres así, noble ato o infinito.
As cousas pasan lentas últimamente. Cada unha andamos ao que andamos. E no fondo é coma si buscasemos unha excusa para pararnos este mes sin ti, para que non suceda nada nas nosas vidas durante a túa ausencia involuntaria, e así cando regreses, nos atopes no mesmo punto no que nos deixaches.
Sei que estás ahí, que hoxe levantaches algo máis de peso do permitido, que fixeches zapping como unha tola e que tiveches varias veces un libro nas mans. Imaxino estes xestos cotiás e sorío porque a túa voz ao outro lado do teléfono confírmame que estás para outra. Peor estamos os que quedamos sin ti. Non só te estás curando dos puntos, curaste tamén de nós, que coas nosas movidas témoste estresada de máis, seino. E ti, sempre ahí, paciente, comprensiva. En fin, agardaremos que pase Maio, que saia o sol definitivamente e poderemos entón festexar calquera cousa, que máis ten…O importante é buscar un pretexto para rematar tralo licor café na fase de animación na rúa, e logo na exaltación da amistade, ou ao revés, e así mil veces, porque o mundo non rematará en Maio.

3 comentarios:
Yo aprovecho el blog de Emma y la ocasión para mandarte saludos y muchos besos.Recupérate pronto.
jajaja, que o meu blog vale para todo, non? Maña quero moitos agasallos, eu aproveito o meu blog para pedir ( o que non chora...,xa se sabe)
Bicos
Que razón tienes, Reina! espero que pronto volvamos a las cenas improvisadas (o no) en su casa, con sobremesa de licor café y crema de orujo... con desayunos domingueros con sabor a zumo de naranja que prepara con amor de madre, casi!!
Esta mañana me preguntaste dos veces si había leido tu blog, sabia que habría algo especial por tu insistencia.
Tambien tengo que decir: vuelveeeeeeeeeeeeeeeeeee!!
Besitos a nolita.
Publicar un comentario