Hoxe foi un luns máis, de maio, con choiva por toda Galicia, e un luns negro -outro máis- para Rajoy. A puñalada veulle esta vez en forma de columna de xornal da man de Elorriaga, o cal poñía en dúbida o seu liderazgo. Era home de confianza, mantiñase na sombra, e incluso para dar a puñalada o fixo polas costas.
Supoño que hai que darlle a razón a Pepiño Blanco que tan ben analizou a situación na que se atopa o PP. E é que Mariano está a probar a súa propia medicina, aqueles que entón convocaban manifestacións contra o goberno manipulan ás mesmas masas para que coa misma agresividade se levanten en Géneva contra Rajoy, e os insultos propiciados apenas fai uns meses a Zapatero volvense agora contra Mariano. E no PP interno, fóra da rúa na que a voz última pertence a Pedro J. e a cadea de radio dos curas, a loita de poder é entre os que queren que se vaia Rajoy, para continuar facendo a súa política, e os que queren que se quede Rajoy para cambiar de política.
A min conmoveume especialmente Jorge Moragas, asesor de Mariano, cando o domingo contestaba nunha entrevista concedida ao País que querían cambiar de forma de entender o xogo democrático, e dicía, cito textualmente: " La posibilidad de hablar con quien sea, sin miedo, sabiendo que del diálogo no siempre tiene que surgir compromiso. Dialogar no es sacrificar valores."
En fin, flaco favor lle están facendo uns e outros ao PP, especialmente o Mundo e a Cope coa súa intromisión no debate político interno, que non se poderá celebrar de ningunha maneira si as masas están enardecidas, labor que están a levar a cabo moi ben estes dous medios de comunicación.
Na miña modesta opinión creo que Rajoy (que agora xa me cae máis simpático) está a facer agora o que tivo que facer cando perdeu as eleccións no 2004. O novo discurso que quere implantar Rajoy no partido, o xiro centrista e moderado que quere darlle, debeuno de facer fai catro anos, e quizais entón os resultados do 9 de marzo serían outros. Pero chega tarde Mariano, tarde para gañar as eleccións, que xa se perderon, e tarde tamén para mover os fíos él mesmo dentro do partido e deixar de ser unha marioneta nas mans dos que agora -radios e diarios incluídos- lle viran as costas, e non só eso, sinón que públicamente piden a súa cabeza cortada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario