Estou a recibir sms no meu móbil que me teñen un pouco inquieta ultimamente e que son de todo contraproducentes co clima de paz interior que preciso para afrontar os exames. Os sms veñen todos do mesmo número de móbil pero teño o presentimento de que o contido dos mesmos se debe a máis dunha cabeza pensante, ou iso, ou o tipiño que os envía padece un grave transtorno de personalidade. Uns son ofensivos, de corte sexual e carentes de orixinalidade; outros pola contra son amables, e ata rozan o romanticismo. Nalgúns bótanme piropos e mesmo me trasladan a un mundo de contos infantís, con raíñas, princesas e finais felices,e noutros devolvenme á cruda realidade convidándome a unha cea ou pedíndome unha foto.
Non é coña, estou farta da invasión que está a sufrir o meu mobil e de paso a miña intimidade. A solución é ben fácil, apagar o teléfono,pero recoñezo que é dificil non sucumbir á intriga de quen ou quenes están detrás dese bombardeo incesante de mensaxes. E logo ponse unha no peor, e imaxina que máis alá do que parece un acoso inocente e casi pueril a través da telefonía móbil, ocúltase unha ameaza e real, un perigo inminente que enraizado nunha obsesión remata nunha auténtica desgracia, con tintes violentos e de todo imprevisibles. ¿Acaso non vimos mil veces argumentos deste tipo que sustentan a base de películas desas que poñen as televisións nas sobremesas das fins de semana? Ao final a acosada, que se deixa levar polo xogo dunha maneira inconsciente e totalmente inocente, morre víctima do seu acosador, despois de ser violada e golpeada, ou ben, consigue salvarse, matando ao acosador que previamente a secuestrou e violou. Divagacións. En todo caso, non está de máis dicirvos que nestas andamos, por si me botades en falta e non dou sinais de vida nun largo periodo de tempo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario