02 mayo, 2008

Aqueles marabillosos anos

Todavía lembro como si fose hoxe como pasaba eu a maior parte das horas de ocio na miña infancia, no inverno, despois de facer os deberes. Dedicaba o tempo a aquelas bonecas de papel ou de cartón, que recortaba con esmero, coa punta da lingua entre os dentes, concentrada, para despois escribir con lapiz o nome do reverso de cada unha, e logo vestíaas con esmero, coma si se me fose a vida nese xesto. Estaban gardadas cuidadosamente en caixas dos zapatos, separadas unhas doutras con follas de libreta, cada unha repousando cos seus vestidiños. E eu sabía o nome de todas de memoria, e ata lles ía creando a medida que pasaba tardes enteiras vestindoas e desvestíndoas unha personalidade propia. Hoxe ainda conservo no trasteiro aquelas caixas de cartón cheas de bonecas. Ainda lembro os nomes dalgunhas. Abrir esas caixas é abrir unha porta á infancia que se perdeu, á feliciade que quedou no meu soriso infantil, á inocencia. E toda unha homenaxe á aqueles marabillosos anos

No hay comentarios: