20 mayo, 2008

Fracaso

O tempo mórreme nas mans e non podo detelo. Son a mesma cousa, o tempo e a morte. O mesmo medo, e a mesma ausencia de todo. Non sei, non sei onde perdín as verbas que podían consolarte-me cando aínda está lonxe o paraíso que nos prometeron. Ay, non, perdemos o paraíso, é certo, naquela primeira hora da primavera, cando os cereixos comezaban a florear. Eu non sei, non sei que podo facer para recompoñer co barro que nos queda un corpo dócil ao que amar, ti e máis eu, como si se tratase dun fillo noso que ten que medrar neste mundo perverso. Non me atrevo a nada máis, entre os dedos escápaseme o fío conductor da nosa historia, a nosa propia historia...E non sei, abofé que non sei, onde rematan os días e onde comezan as noites, onde se dilúe a esencia morna das nosas insatisfaccións. Eu non fun nunca un heroe, ti sábelo ben. Eu tiña que darche algo máis , pero , ¿qué queres?, non son nada. E chegado o momento, só soupen fuxir dos nosos ideais, da vida que che plantara en riba da mesa, a ti -pobriña- que o crías absolutamente todo.

No hay comentarios: