16 mayo, 2008

Joyas

As veces é precioso contar os finais ao mundo, para que existan dunha maneira definitiva. Non basta con saber que chegamos ao fin de algo, hai que contarllo ao mundo enteiro, para que xunto con nós sexa testigo dese feito relevante. Hai finais e finais, e os finais do desamor son difíciles. Os que me coñecen saben que existe un home rubio na miña vida dende fai moito -demasiado- tempo que me engañou ,ao que quixen moito e ao que agora non quero tanto. Ese home está na miña vida de prestado dende fai algún tempo, eu sabía que era cuestións de meses, pero hoxe, agora, chegou o momento. Os adeuses despois de tanto tempo teñen para o outro certa imprecisión. El non se deu conta, non me tomou en serio, non considerou relevante a miña despedida que máis ben soou como unha ameaza. Non era tal, era un adeus. E o home da miña vida, non o que máis amei nin o que máis me amou, pero sí o home da miña vida. E esvaeceuse nunha rúa da cidade, coa súa chaqueta de lá e un broche en forma de cocodrilo que eu lle regalara fai anos. Esvaeceuse sin ser consciente da contundencia das miñas palabras, sin percibir que o meu adeus era algo máis ca un ata logo.
Non sinto tristura, é extraño. Non sinto nada, nin siquiera nostalxia. El aparecerá no meu móbil, unha vez, dúas...E pouco a pouco os dous aprenderemos a botarnos de menos. Hai historias que teñen o final escrito antes de rematar de empezar. Hoxe despegueime del con seguridade e certa firmeza.

No hay comentarios: