13 mayo, 2008

martes e trece

Hoxe é martes e trece, xa o di o refrán, nin te cases nin te embarques, pero eu co día que levo o mellor que podo facer e meter a cabeza nun furado, e quedarme alí ata que a alguén lle de por rescatarme. Todo é cuestión de poñer as gafas do optimismo e comezar a ver o mundo doutro xeito, pero custa. Algúns din que as mulleres temos un sexto sentido que nos permite coñecer as cousas de antemán, o que vai acontecer, quero dicir, algo así como predecir as desgracias, sobre todo as persoais. Eu non diría tanto, pero dende logo o meu sexto sentido si que me permite prever os meus desastres no amor. Os homes deberían facernos a vida máis sinxela, eso parece fácil de entender. Pois non o é tanto. Si un home quere chamarte, chámate. Si un home non te chama e porque non lle interesas, ou porque tivo un accidente e está inconsciente, pero nese caso enterariaste deseguida. Logo , ¿por qué ás veces agardamos como estúpidas unha chamada? O meu sexto sentido non me falla nunca, sei cando un home chamará ou non. O problema neste caso é que non fago nunca caso ao meu sexto sentido, e por iso me levo máis dun disgusto.
Teño que estudiar, eso é o que debería estar facendo. Pero aparece un home guapo e mando todo polo aire , coma si fose parva. Son parva, en definitiva. Os meus plans pola borda e total por qué. Pero hoxe sinto a necesidade imperiosa de rebelarme ,e de poñer en riba da mesa a tódolos papanatas que me deixaron escapar.
Está ese que lle da por dicir que é pintor, escultor, artista ou que sei eu... Ese que vai de liberal pola vida, e logo á mínima che pon o burka e se queda tan contento. Irrumpe na túa existencia con mil chamadas de teléfono ao día, e cando por fin te convence, e lle deixas penetrar un pouco na túa intimidade, pois, hala, a tomar viento fresco te manda. E con toda a cara do mundo che di que eres unha pesada, que o agobias, e bla bla bla...
Logo está ese outro que coñeciches fai unha burrada de anos, que non te quere , que non quere que saibas nada da súa vida, que non lle importa non voltar a verte nunca, pero que xusto cando estás divertíndote nunha fin de semana con outro xoven estupendo e guapo ao que acabas de coñecer, pois entón non para de dar a matraca no teu mobil con sms cariñosos. Vamos, de toda a vida ao que se lle chamou o can do hortelano.
Ainda hai máis, está por exemplo o que vai de serio e misterioso, que se pasa unha noite enteira coméndoche a cabeza con que si lle gusta a fotografía, con que si é moi libre, moi solitario, facendose o interesante, vamos. Tontea contigo, e á hora da verdade diche que non quere nada serio porque ten que marcharse da cidade en breve , e que quere por riba de todo conservar a túa amistade. Eso si, despois non voltas a verlle o pelo.
¿Sigo? O perfecto home , marabilloso, cariñoso, intelixente, intelectual , inxenioso... que coñeces un día no que se sente como o rei do mambo, pletórico, e che pinta todo un universo por diante marabilloso, que desaparece no mesmo instante no que se lle baixa o efecto da coca que se meteu.
En fin, estes son os homes que poblan o meu pequeno curruncho de desamor. Lóxicamente é entendible que non crea moito no xénero masculino e nin siquiera lles dea unha mínima oportunidade. Claro que ás veces, baixo a guardia, e penso que pode existir alguén distinto, que sexa capaz de ver máis alá dunhas tetas e me recompense -por unha vez- con un pouco de sinceridade. Pero , ¿pensan en realidade que nos creemos todas as súas artimañas? Pois non, non as cremos, tan só miramos para outro lado, porque no fondo as mulleres, de vez en cando , tamén necesitamos un polvo.
E dito todo esto, os martes e trece son o que son . Simples días impregnados do mesmo material do que levamos chea a nosa equipaxe , nin máis nin menos. Estou tan depre que nin me interesa María SanGil nin o terremoto que arrasou China. Non contestei ao emails nin tiven un soriso ao tomar a caña do mediodía. E todo porque no fondo deixome engañar unha e outra vez, sempre perdo e non deixo de xogar. O azar non foi nunca o meu aliado. Hoxe menos. Probablemente escribindo esto desvirtúo un pouco o sentido que quero darlle a este blog. Non quero que sexa un pano de bágoas nin unha fiestra aberta de par en par ás miñas miserias particulares. Sin embargo, teño que berrar a rabia contida, e quero berrarlla ao mundo, dalgunha maneira. Non hai nada peor que a consciencia da soedade. Estou ferida nesta tarde de martes. E no fondo sei que non ten importancia.

3 comentarios:

Raquel Gulías dijo...

Sí...me ha gustado!todos los que en algún momento jugamos, y apostamos al azar, corremos el riesgo de perder. Puede que el azar o haya sido nuestro aliado en muchas ocasiones, pero los que no apuestan nunca ganan ni pierden. Hay algo más triste que eso? ni siquiera las tardes depres de martes y trece son más triste que pasar por el mundo sin jugarse la vida...

susana dijo...

Carai que profunda te veo,animo las mujeres somos así tropezón tras tropezón pero yo estoy segura que hay por ahí para nosatras.Y mientras a probar.
Besitos y cuidate mucho.

Reina de Palandria dijo...

hello¡¡¡¡¡¡ ei, ti eres nova no meu blog¡¡¡¡Benvida e gracias por comezar a facerme comentarios, que ler xa sabía que o facías.


Eso foi un momento de debilidade, pero xa pasou, jeje, estou para outra

Bicos, guapa¡¡¡¡ Lémbarte do que che dixen do email de....