Faleceu onte , a idade de 98 anos , Irena Sendler, esta gran muller que durante a ocupación nazi rescatou a 2.500 nenos xudeus dun gueto de Varsovia.
Irena era enfermeira cando comezou a guerra, e durante o tempo que durou a ocupación ela dedicou todos os seus esforzos a salvar a vida do maior número de nenos posibles do gueto que os nazis crearon en Varsovia. Pero non só se preocupou de quitalos do gueto utilizando todo tipo de escondrixos para facelo - sacos, ambulancias, ataudes, cestos...-sinón que se preocupou tamén de procurarlles unha nova identidade, e ocultar en latas de conserva as identidades verdadeiras dos nenos,para que unha vez rematada a guerra os nenos recuperasen a súa vida e o seu pasado.
Irena pensaba na paz, cría na vida e nas persoas, e fiel ao seu sentir adicou a súa vida a salvar a dos demais, ainda correndo un risco elevadísimo. Foi capturada pola Gestapo e condeada a morte, pero deixarona escapar, eso si, mentres estivo presa foi vicitima de innumerables torturas que a confinaron a unha cadeira de rodas de por vida. Máis toda a crueldade dos nazis, toda a dor que lle causaron non foi suficiente para que ela traicionase nin a un só dos nenos que salvara. Ela nunca revelou as súas identidades, nin os seus paradeiros.
Cando rematou a guerra desenterrou as latas nas que conservaba a identidade dos nenos, e procuroulles a todos familias adoptivas. Devolveulles non só a vida que os nazis lles acabarían arrebatando , senón tamén un futuro posible e a súa dignidade.
Recoñezo que non coñecía a existencia desta muller, iso que foi proposta como candidata ao premio Nobel da Paz, pero cando onte escoitei a noticia da súa morte, e vin unha pequena reportaxe sobre a gran tarefa que levou a cabo, non puiden evitar romper a chorar. Persoas como Irena son as que nos devolven a confianza na raza humana, no mundo no que vivimos, e a esperanza en definitiva. Soportouno todo porque era optimista. O su optimismo levouna a loitar pola vida dos nenos, pensando sempre no fin da guerra e nunha segunda oportunidade para eles. E o seu optimismo mantivoa con vida na prisión de Pawiak a pesar do horror que padeceu. Irena Sendler, lonxe de sentirse unha heroína dixo sempre ter pena polos nenos que ela non puido salvar , polos que cada día eran conducidos en trens directamente á morte.
Morreu algo máis ca unha heroína, morreu un ánxel , deixándonos a todos unha gran lección sobre a vida e vontade.
1 comentario:
Hola!
A mi,como a ti,me toca bastante la sensibilidad el tema del Holocausto.Creo que todo lo malo que puede suceder en el mundo, ocurrió en esos años.Es horrible pensar que podríamos volver a pasar por lo mismo.Esta señora estaba en una situación privilegiada ,no era prisionera ordinaria en un campo de concentración,y de todas formas luchó con su vida por la de los demás.Tuvo mucha valentía.Lo que es increíble es que pudiese sobrevivir.
Desde luego en su cara se refleja una satisfación increíble.
"Eres tan bueno como lo mejor que hayas hecho en tu vida".
Publicar un comentario