11 mayo, 2008

domingos....

Os domingos son a medida da felicidade..., en fin. Hai domingos que se consumen nunha sobremesa de chupitos de licor café , entre amigos, risas e bicos que saben a gloria... despois de tanto tempo. Os bicos de domingo teñen un significado distinto, saben a outra cousa que ten que ver máis coa vida que coa realidade mesma do mundo no que vivimos. Hai fins de semana que te trasladan á fantasía, coma si de pronto comprases un billete de ida a un parte temático no que che prometesen... a felicidade. Hai bicos , que son o resume das horas, dos minutos, dos segundos que construén toda unha existencia. E tan fácil como deixarse levar polo prohibido, polo que non ten razón de ser, nin pes nin cabeza, e nesa volta á inconsciencia adolescente, disfrutar do tempo como si o mundo rematase mañá.
Estiven nun barco,que non arrancou, pero eso era o de menos. Estiven no borde do abismo, no principio e no fin das cousas, co corpo cheo de emocións, e o corazón cheo de caricias. Os venres poden ser insustanciais e poden ,pola contra , traer á tua vida un raio de esperanza, si te deixas. Hai que ser libre pora vivir sin medo, para deixarse arrastar polas esquizofrenias dos que queren arrastrarnos canda eles. Qué bonito deixarse levar polos que poñen o seu empeño todo nesa tarea. A vida non merece a pena si non existen amigos cos que conducir os días ata o atolladeiro. Non vale a pena si non hai un par de abrazos que gardar na maleta para sempre, si non hai unha promesa -por pequena que sexa- de futuro, de algo similar ao amor...
Cando penso en todo o tempo que deixo atrás, nesta tarde-noite de domingo, non sinto remordimentos polos temas que non estudiei, nin polo alcohol en exceso, nin pola velocidade excesiva...A vida é un xogo no que hai que arriscar.
Estou sentada no borde de Maio, co corazón insensible e a mente ocupada noutras cousas, e sin embargo, son plenamente consciente de que hai momentos que xustifican os últimos erros cometidos. Pasou o que pasou porque ao final todo conducía aos teus brazos, ainda que só fose un momento efímero de felicidade. E fermoso que suceda, que alguén sinta de pronto o impulso de arrastrarte á súa paranoia particular,nun domingo soleado, e que afondes nos plans dese home que che parece extremadamente fermoso, e que afondes ao mesmo tempo nun vaso de chupito vacío...Si os domingos miden as cousas - como eu sempre digo- estou de cheo nunha película diferente. Pechei o libro, e abrín a fiestra. Respiro. A velocidade é unha boa terapia contra a melancolía e tamén contra o aburrimento. Embarcarse ás veces é toda unha aventura, que remata nunha tristeza densa que non ten fin. Son consciente, pero agora non é o momento todavía. Estou no principio dunha historia de salvación e autodestrucción ao mesmo tempo. Conto os segundos para redimirme, para ser eu de novo coa miña nostalxia dos domingos...Irremediablemente chega o verán. Ay¡¡¡¡ o verán cos seus momentos de xúbilo indescriptible. Pero hoxe, non boto de menos nada, porque ainda teño por diante o horizonte.
Domingos, domingos, domingos....

5 comentarios:

Raquel Gulías dijo...

Este artículo parece más optimista que el último comentario que había leído en tu blog sobre los domingos. Lo que tienen en común es que en ambos dices que son "la medida de la felicidad". Pero en este domingo ha habido besos! y libertad para dejarse arrastrar por las esquizofrenias de quienes tiran de nosotros. Me ha gustado.

Besos

Reina de Palandria dijo...

es que los besos lo cambian todo, jeje

bor dijo...

Siiii, y tanto que te arrastran las esquizofrenias de los demás!!!
Después de un sábado de despedida de soltera que termina a las tantas en la pensión Maruja (no es coña!), llego a mi casa para descansar y... recibo una llamada que decia: "...anda, levantate, vamos a comer a la Isla de Ons, nos invitan a una mariscada. Vamos a recogerte al muelle de Bueu en una hora!! y como soy tan "guiadiña", pues dije que sí. Los planes resultaron ser otros por culpa de un motor de lancha estropeado, pero valió la pena, la mariscada la tomamos igual. Yo que tengo toda mi vida ordenada... Esto sí que es arrastrarse por las esquizofrenias de los demás, o no?

Eres una caja de sorpresas.
Besitos.

Raquel Gulías dijo...

ME GUSTA QUE EMMA HAGA COMENTARIOS DE LOS COMENTARIOS...ESTO ES LA PERA!

bor dijo...

Gulías, I see your blog very careless! come on, come on...

Let us seeing your heart a little bit, my darling.

Many kisses.