21 mayo, 2008

Bendita crise


Levantarse pola mañá uns minutos antes cambia todo o panorama matutino. Non hai tráfico, tráfico peatonal, que é o que a min me preocupa, e cruzo entón Joaquín Costa como un raio, directa ao primeiro café. Ao levantarme penso en Gallardón. Casi sempre penso en Gallardón polas mañas, en parte porque durmo soa e non albergo no meu corazón ningunha sorte de namoramento e en parte polos ecos das últimas palabras escoitadas na Ser antes de durmir. Cando a cousa vai de bandos toca posicionarse, ou te posicionas ou te posicionan, que para o caso é case o mesmo. Non sei si Gallardon se posicionou á vontade, ou pola contra é o seu posicionamento no partido froito das circunstancias ou das ideas e os “principios”. Quizais sexa que cando hai un combate a dous , no que os que se enfrentan son os dous malos, cómpre arrimarse ao menos malo dos dous como única solución desexable. Sexa como sexa, Gallardón subiuse ao barco de Rajoy e para pilotar dende as primeiras posicións, e o que antes fora un retroceso e agora un paso adiante con impulso, que o coloca na Dirección do PP. E logo está o dito aquel de “os amigos dos meus amigos son os meus amigos” coa lectura posible de que os enimigos dos meus enimigos tamén son os meus amigos. Todo é bó para facer frente común a una Espe á que parece que apoia a liña máis dura do PP. E así, por cousas da política (o que dicimos sempre cando non entendemos o que está a suceder, ou o entendemos tan ben que non é preciso explicalo) Gallardón pasa de ver frustradas as súas aspiracións como diputado en marzo, a tan só uns meses despois –bendita crise- tomar o timón xunto con Rajoy dun barco que parece por momentos que está no medio dun naufraxio.

3 comentarios:

vanesa dijo...

¿¿¿"Ao levanterme penso en Gallardón.Casi sempre penso en Gallardón polas mañás,en parte porque durmo soa..."????!!

Nena ,mírate eso,YA

Reina de Palandria dijo...

jajaja, cada unha pensa no que lle peta, e non te creas ten o seu punto. Vamos qe dos peperos é un dos meus favoritos, e agora que leva gafas modernas nin che conto...E é que me están dando unhas alegrías Gallardón e Fraga últimamente que non preciso nada máis para a felicidade.

vanesa dijo...

Por favor ,no me digas que también piensas en Fraga.Si es por dormir sola, hay que arreglarlo (ya veremos como)Que pienses en Gallardón ya es frikie pero en Fraga es degenerado,eh.