Chove. Febreiro arrancou con choiva e moito frío, nun venres previo ao cotarro do entroido. Polo que a min respecta, sigo de “ramadán” –os que me coñecedes xa sabedes o que eso significa- en plena recta final do meu primeiro exame de Ciencias Políticas. Neste panorama ambiental, como podedes comprender , non caben moitas sorpresas inesperadas.
O caso é que o 2008 vai en serio, estamos en Febreiro e temos xa un mes consumido, un mes no que non puxemos toda a carne no asador porque críamos que esto estaba comezando, e que ainda tiñamos tempo.
Os que coma min non esperades grandes cousas dos días que temos por diante, lembrade que estamos en plena campaña electoral, o que significa o espectáculo asegurado. Non hai máis que encender o televisor, e xa temos o circo en marcha.
Tamén podedes facer un esforzo por mezclarvos na euforia das máscaras , os desfiles, e as “antroidadas”, enchufarvos unha perruca ou un nariz de paiaso e saír á rúa a airear os complexos e as preocupacións.
Febreiro esconde tamén un día fatídico para os que non temos parella. Claro que eu son atea, non creo nos santos en xeral, e moito menos nese que fai chamarse San Valentín e di ser o patrón dos namorados, ainda que máis ben parece ser primo de Santa Claus e patrón dos consumidores “consumistas” e dos grandes centros comerciais. Eu son atea, pero a sociedade difícilmente deixa que un se escape ás modas e as tradicións, por moi estúpidas que nos parezan. Así que o 14 de febreiro ou permaneces todo o día incomunicado, ou pola contra non podes evitar o espectáculo dantesco de chavaliños –ás veces púberes ainda- camiñando pola rúa portando con toda naturalidade unha rosa, coa cabeza ben alta e un soriso pintado nos beizos. Ao primeiro da un pouco de risa, pero logo, unha non pode evitar pensar que esa rosa vai ser un regalo capaz de emocionar a alguén, que haberá bicos de amantes apaixonados , e que ainda que se trate dunha ilusión artificial , construída a base de tarxeta de crédito, trátase ao fin e ao cabo dunha ilusión. E, sin que podas facer xa nada por evitalo, atopaste sumida nunha tristura provocada por unha data no calendario.
En fin, que aquí estamos, con 29 días por diante para enchelos do que poidamos. Eu non vou a enchelos de bicos ( non deberiades seguir o meu exemplo), pero hai moitas cousas similares aos bicos, que nos están permitidas aos que de momento renunciamos ao amor romántico, así que, cada un de vós, con bicos ou sen eles, procurade sobre todo ser felices.

No hay comentarios:
Publicar un comentario