Asistimos onte pola noite ao primeiro debate en quince anos entre os dous principales candidatos á presidencia do Goberno. Lamentablemente non quitei desde debate demasiadas conclusións. Prometía ser un enfrentamento clarificador, no que se tratasen os temas de maior interese para os cidadáns e ambos candidatos presentasen os seus proxectos de goberno, e convertiuse nun simple baile a dúas bandas de cifras e de reproches que moi pouco aportaron á campaña electoral.
Foi o debate de onte unha ollada ao pasado, na que tanto Rajoy como Zapatero se botaron en cara os seus desacertos, adversidades e meteduras de pata, nunha especie de circo no que ambolos dous se pelexaban por quen era o máis mentiroso, quen era o que levaba máis gráficos debaixo do brazo, quen usaba máis o dedo acusador.
Dubido moito de que alguén atopase utilidade a este cara a cara, a este "ti dixeches, eu dixen ;ti fixeches eu fixen; ti mentiches eu non mentín". Non vimos propostas, nin programas, nin mirada ao presente, nin ao futuro, nin respecto mínimo á cidadanía, que nesa danza de acusacións mutuas e repeticións constantes dos sus discursos históricos , máis que gastados a estas alturas, nos aburrimos profundamente.
Sin embargo, todos sabedes, que cando falo de política, sempre adoito unha postura parcial , e non podería ser diferente nesta tesitura. Porque si ben é certo que os dous líderes decepcionaron, un resultoume máis intragable , máis ruín e máis incapaz de levar a cabo o reto de gobernar o noso país durante os próximos catro anos.
Rajoy enfrentouse ao cara á cara con agresividade, e puxo a ZP nunha situación inevitable de postura á defensiva. No debate puidemos ver ao auténtico Rajoy, nin máis nin menos que ao Rajoy que levamos vendo durante á pasada lexislatura. Viuse sobre todo nas descalificacións que fixo a Zapatero en torno ao tema do terrorismo, e tamén no seu tono ao referirse á inmigración.
O que sucedeu onte, non foi , en definitiva, máis que un resumo do que leva acontecendo neste país durante os pasados catro anos. Quedou clara a ruptura en materia de terrorismo, e penso que esta é a conclusión principal do cara a cara : as posturas irreconciliables en torno a un tema trascendental, en torno a un problema gravísimo que só se resolverá cando o consenso e o traballo de tódalas forzas políticas e de tódolos sectores da sociedade, sexa real ,firme e inquebrantable. Vendo o debate onte, a crispación xenerada por Rajoy ao acusar a Zapatero de agredir ás victimas do terrorismo, penso que estamos ainda moi lonxe de acabar con esta lacra que arrastramos dende fai décadas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario