Falando do PP e da tan traída e levada campaña electoral, escribín alá polo doce de febreiro sobre que o discurso de don Mariano ía dirixido aos que votan co fígado, e non aos que votan coa cabeza ou co corazón. Pois ben, parece que don Mariano me tivese escoitado, e por iso decidiu elexir o lema para a súa campaña, que é ni máis nin menos “con cabeza e corazón”.
Quizais pensou Mariano, ou os seus asesores de campaña, que si encaraba os temas políticos da actualidade con agresividade, podería conseguir os votos daqueles que analizan as propostas con sentidiño, e teñen memoria suficiente para botar a vista atrás e lembrar o papel que xogou Rajoy na oposición os pasados catro anos, así como os votos dos que precisan algo máis que un programa económico cheo de promesas posto sobre a mesa sin conseguir remover por dentro ninguna emoción. Fixo unha política dirixida directamente ao fígado dos cidadáns, buscando o catastrofismo e ofrecendo solucións máxicas aos problemas que nos mostraban os informativos como simples casos aislados, e que Rajoy, tan sabio, convertía en xeneralidades.
Pero o día das eleccións achégase, e parece que o PP deuse de conta de que quizais pedir o voto do fígado era escaso para os tempos que corren, e que tiña que procurar tamén chegar a outros sectores de cidadáns que dedican tempo á reflexión ou que desenrolan algún tipo de sensibilidade. Deuse conta o PP de que o voto non se decide en quente, e que tocar a cabeza ou o corazón do pobo é a maneira máis eficaz de movilizalos seus votos o día 9 de marzo. Porque co seu lema o PP quere demostrar que ten en conta á cidadanía, que busca o voto dos cidadáns sensatos, que non só pensan nos problemas de España e nas súas solucións, senón tamén que queren un goberno que os comprenda e sexa sensible ás súas inquedanzas.
O lema do PP estaría moi ben si fose acorde coa súa maneira de facer as cousas, claro que poñer unha frase nun cartel non ten nada que ver con que as súas propostas son máis racionais e adecuadas cas promesas do partido socialista, nin con que eles si poñen cabeza nos seus asuntos á diferencia do que fai Zapatero. Tampouco significa que de pronto o PP comulgue coa sensibilidade das xentes e se preocupe polo benestar e a felicidade da poboación. Un lema é só un conxunto de verbas que busca confundirnos , que pretende tocar os resortes da nosa intelixencia dunha maneira casi intuitiva. Cando o PP nos fala de cabeza e corazón, con tanta contundencia, dende un atril, o que está é intentando suplir as súas carencias. Non nos engañemos, os que usen a cabeza , e os que usen o corazón, difícilmente escollerán a Mariano o día 9 de marzo para dirixir os seus asuntos. Por eso sigo pensando que o lema verdadeiro da campaña de Rajoy debería ser “co fígado”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario