Existe ese lugar que tanto imaxinamos, que tantas veces visualizamos no medio das nosas fantasías máis íntimas. As veces asustanos incluso perfilalo demasiado, debuxar con sutiliza, con definición clarificadora as nosas ansias máis inconfesables. Outra realidade posible, na que os límites non estean nunca á nosa vista , ao noso alcance, e onde todo, absolutamente todo, sexa realizable.
Existe. Porque eu estiven nese lugar. Os ollos ben abertos. A pel enteira aberta. A boca. O aire entrando nos pulmóns como si cada bocanada fixese unha nova ferida. O tempo parado no reloxo da vida, sin idade, sin metas. A cidade aos pés, os corpos abandonados sobre o chan , nús, entregados ao espacio indoloro. A búsqueda do pracer como único destino, como única lei. A dor, inflixida coa sutileza coa que só os amantes poden moldear as perversións máis escuras. Sin retorno. Sin pasado. Coas fiestras abertas de par en par, e o mundo enteiro por testigo da nosa felicidade. E real. Infinita. Gastando as últimas forzas para rexurdir unha e outra vez, ata agotalas por completo. Unha e outra vez. Sen sufrimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario