ay, o amor..., esa cousa que ninguén sabe moi ben que é , pero que todos andamos na súa procura. O amor ten tamén a súa data no calendario, o catorce de febreiro. Eu non creo nas datas especiais, e tampouco son moi crédula no que ao amor se refire. Pero sei que algúns de vos andades algo namorados ( a min tamén me pasou algunha vez) e entendo que hoxe teredes o corazón un pouco máis alegre.
Os bicos sempre son o mellor almorzo posible, un café con bicos debería ser hoxe o mellor agasallo para calquera. Eu non almorcei con bicos, pero ainda conservo algún recordo da sensación de despertar ao lado doutro corpo e sentir o calor dese primeiro soriso, entre as sabas, cos ollos medio pechados aínda. Ainda lembro como eran eses últimos cinco minutos na cama , antes de levantarse para ir ao traballo, nos que remoloneabas entre os brazos do teu namorado, nos que falabas baixiño, nos que lle pedías que te empuxara da cama porque sentías que poderias quedar nese cuarto para toda a vida. E lembro tamén ese momento da ducha, compartindo o espacio no cuarto de baño. Ti lavabas o pelo, mentres él lavaba os dentes, e mezclabanse as toallas e os perfumes, e os dous cepillos de dentes eran , no seu vasiño de cristal, a metáfora perfecta dun amor que camiñaba para adiante.
O dito,non creo nas datas especiais, pero sei que estades namorados, e que hoxe , seguramente, no medio do voso niño de amor tamén tivestes un recordo para os que naufragamos na soedade. Seguide loitando cada día contra as rutinas que matan os sentimentos , seguide construindo amenceres fermosos, seguide demostrándonos, día tras días, aos menos crédulos, aos que xa nos comeza a fallar a memoria, que o amor existe, e que en calquera esquina pode atoparse. Que o almorzo con bicos é o mellor agasallo para calquera.

No hay comentarios:
Publicar un comentario