Existen venres difíciles, simplemente, nos que non vale vestirse moi mona e saír a rúa a airear a tristeza. Non. Hai venres que son coma pesadelos , irreais, paranoicos, extraños. Cando un venres así sucede, un ten sempre a esperanza de que mude algo ao chegar a noite, ainda que só sexa a climatoloxía. Que chova, polo menos. As veces as cousas arránxanse soas, e ás veces tamén nos visita un golpe de sorte. Hoxe parece que non, que nada vai suceder de aquí ás doce, que entrará xa o sábado.
Gustaríame ter algo que contar, e a inspiración necesria para poñerme a escribir buscando as palabras adecuadas. Pero hoxe nin siquiera lin os xornais , hoxe non me interesou a actualidade.
Si, xa sei, cando era pequena, unha meniña baixiña e menuda ( agora sego sendo baixiña, pero non tan menuda) ía tódalas mañans camiñando á escola dende a casa dos meus tíos. Ainda había que andar un anaco, e ainda por riba, todo en costa. Lembro sobre todo o camiño á escola nas mañáns de primavera, no inicio mesmo da primavera, cando saías fóra da casa e o olor a terra mollada e a flores te impregnaba por completo. Facía frío, pero era un frío agradable, que te despertaba agarimosamente, que non che cortaba a pel nin se che metía pola gorxa.
Tiñamos -digo tiñamos, porque sempre ía á escola acompañada da miña irmá- que andar primeiro por un carreiro de terra, antes de chegar á carretera. O carreiro tiña silveiras a ámbolos lados, e unha ringleira de herba polo medio. Naquelas mañáns de comezo da primavera o camiño aparaceía sempre cuberto de babosas. Eran babosas negras, enormes, consistentes. Ofrecían un espectálculo digno de ser contemplado . O camiño enteiro ennegrecido pola presenza daqueles bichiños que ainda que tiñan un aspecto noxento, a min non me parecían nada noxentos. Dende aquela época non volvín a ver as babosas, non sei si todavían existen no noso ecosistema ou si se extinguiron por completo. O caso é que eses animaliños mouros , constituén un recordo fundamental da miña infancia .
1 comentario:
habelas haynas, mais tes que as buscar ben... cando menos esperes, veralas aos teus pes
Publicar un comentario