Despois da resaca que nos deixou o debate electoral, xa algo máis tranquilos, coñecedores todos dos resultados das enquisas , e saturados dos debates mútiples que se sucederon sobre o debate, queda en todos nós , e quedará por moito tempo na nosa memoria colectiva esa nena que Rajoy debuxou con tono nostálxico , catastrofista e paternalista . Esa nena con familia, vivenda e pais con traballo, coma si as necesidades do noso mundo fosen hoxe as mesmas que fai corenta anos.
Non sei de que sociedade estaba a falar Rajoy cando metafóricamente nos presentaba unha nena que só precisa una familia e pais con traballo para ser feliz e desnrolar a súa personalidade. Pero Rajoy non contemplou a posibilidade de que esa nena pudiese ser adoptada, e ter dous papas, o cal sería igualmente unha familia. Que esa nena podería ser unha nena china, que atopou no seo desa familia formada por dous homoxesuais casados unha vida feliz. Que precisaría que non só se lle recoñecesen os seus dereitos en igualdade, e se lle desen as mesmas oportunidades en razón do seu xénero, senón tamén que non sufrise ningunha discriminación por ser doutra raza. E esa nena de raza china, sería unha cidadana española, que precisaría dun estado que se preocupara por algo máis que o prezo do pan, que se preocupara da súa educación, que non a metera no cárcere aos doce anos, e que cando fose adulta , lle permitise elexir con quen casar e tomar decisións sobre o seu propio corpo.
Efectivamente a nena precisa dunha familia, dunha vivenda e duns pais con traballo, pero a nena precisa tamén dunha lei de igualdade, que garanta que as súas oportunidades serán as mesmas que calquera nesta sociedade, e precisa tamén dunha sociedade aberta e plural onde vivir en armonía coas minorías e respetando os dereitos de todos, onde a cultura sexa accesible a todos e onde a educación sea prioritaria.
A Rajoy só lle faltou, mentres definía á súa nena modelo, calzarlle uns zapatos de charol e mandala os domingos á misa das nove. Así xa sería completamente feliz.

1 comentario:
Un hermoso blog, amiga mía. Te echamos de menos y nos debes una visita, no te olvides.
Creo que en algún punto del discurso Rajoy iba a hablar de "esa criatura cuyos pequeños pies no alcanzan a rozar el suelo cuando, sobre la silla, sueña con un mundo mejor".
Sus consejeros le pidieron que eliminara tal párrafo que inevitablemente iba a recordar la imagen de Aznar a los oyentes...
Publicar un comentario