Ainda que son veciña adoptiva desta cidade de Pontevedra, sempre me gustou involucrarme un pouco nos costumes e tradicións festeiras desta terra, e sempre tiven especial cariño polo loro Ravachol. Onte perdinme a súa presentación, cando aparece ante tódolos pontevedreses vestido, ou disfrazado cunha indumentaria que o relaciona con algún acontecemento relevante acaecido durante o pasado ano. Cal foi hoxe a miña sorpresa cando o descubrín completamente cambiado, que mesmo nin parecía Ravachol, máis baixiño, cunha cor totalmente distinta na que se bota de menos o verde, e repousando aos seus pés unha caixa enorme de Aspirina. Pois si , aos iluminados que este ano decidiron a indumentaria do loro debeulles quedar a cabeza descansada. Din que vai de enfermo de sobredose de Viagra, que xa é rebuscada a cousa. E por riba, poñen ao loro ao lado dunha caixa de Aspirina, e cun goteiro de Aumentine. ¿Por qué fan publicidade da industria farmacéutica? ¿ non sería máis fácil, ou máis lóxico rodear ao loro, xa postos a destrozar a escenificación cubrindóo de medicamentos, con xenéricos, tipo paracetamol, ibuprofeno ou ácido acetilsalicílico? En fin, que parece que morreu a imaxinación, que xa non nos queda nada ao que agarrarnos, e non bastaba con facer ao pobre Ravachol morado e pequeno senón que tamén o tiñan que facer impotente. E digo eu, onde está a gracia de todo isto? Porque frivolizar e rirse das enfermidades pareceme un pouco grotesco, ¿non? ¿por qué non o vestiron de enfermo terminal de cangro ou de hepatite ? O dito, non ten gracia.
1 comentario:
es parva, xa che dixen que non te mesturaras coa xente de pontevedra, que levan mais tempo ca ti expostos aos fumes da celulosa..., e polas marcas, que esperabas?? seguro que esta financiado por algun laboratorio. (porque ninguen fala da corrupción dos laboratorios, que non contentos coa leria das patentes, contratan a axentes de manipulación con mentalidade de Bienvenido mr Marshall!!
Publicar un comentario