Esperanza Aguirre levou ao señor Pizarro de compras ao mercado de Santa María de la Cabeza. Compraron mandarinas, mazás e cereixas, intentaron pagar, sin éxito, e interesaronse -sin chegar a formalizar a compra- por unha merluza de procedencia chilena. Pero isto non foi todo, os candidatos foron en metro ao mercado, como calquera españolito, e antes de entrar no mercado, ao saír dos andéns decidiron invertir en ilusión e fixeronse con tres cupóns da ONCE co número 50584. Cómo me gustan os políticos cando se mezclan coa plebe e repiten os seus rituais...que si as cereixas teñen boa pinta, que si vamos en metro en hora punta, que si a merluza vai barata...E é que as campañas electorais fanse na rúa, que é onde están os votos. Por qué si non ían baixar os deuses do seu Olimpo ao mundo dos mortais senón para comprar os seus favores.Vamos, que haberá que esperar outros catro anos, ata ás próximas eleccións, para que Espe e Pizarro volva a comprar froita fresca.
Por certo, temos que estar atentos ao premio do sorteo da ONCE, non vaia a ser , que inda por riba lles sorría a fortuna, ainda máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario