Os xoves teñen un olor distinto na miña xeografía. Hoxe máis ca nunca, porque hoxe volta él .Volta co pelo curto –si decicidu cumprir a promesa que me fixo cando marchou- volta cun disco novo baixo do brazo, e as vivencias dun mes no marabilloso Brasil da súa alma. Onte os nervios non me deixaban durmir, levo tempo esperandoo, como si se me fose a vida na súa volta aos escenarios desta cidade. Ë que en parte é así, vaiseme a vida na súa presencia ante un micrófono, coa súa voz suave, o seu acento, a súa maneira de dibuxar o mundo ao son da guitarra. Gústame como canta , e gústame como é. Como mira, como divaga antes de cantar, como pensa ,como se rebela contra todo sin perder o soriso, sin levantar a voz. Fai anos que o sigo, que o vexo semana tras semana actúar, que me contaxio da súa enerxía, que me emociono coas súas cancións. Hai quen toma drogas para ver este mundo coma un lugar algo soportable, a min bástame él no escenario para mudar as cousas, para transformar as realidades e sobre todo para facerme crer que os soños son posibles.
Non é a primeira vez que falo del, pero hoxe é un día especial. Porque levo tempo botandóo de menos, e por fin, vou velo de novo, e a normalidade voltará entón a miña rutinaria vida. ¿Qué sorpresas me agardan esta noite ,cando saúde, cando presente a carátula da súa nova creación, cando nos conte que tamén nos botou de menos?
No hay comentarios:
Publicar un comentario