Venres. Non teño moito que dicir, ou non atopo as verbas para contalo. A apatía manifestase sobre todo na miña maneira de escribir, ou de non escribir. Estou morta por dentro, a pesar do sol, a pesar da fin de semana que se aveciña, a pesar de que as perspectivas non son de todo desalentadoras. Pero abúrreme a campaña electoral e abúrrenme os xoranis e abúrrenme casi todo o que me rodea. Nin o consumismo primaveral consegue salvarme deste tedio insoportable. Prefiro as feridas a esta morte neuronal e emotiva que domina todo o meu ser. Hoxe debería estar radiante, pletórica, contenta, porque teño por diante unha tarde fermosa na que o tempo podería ser o meu aliado. Sin embargo preciso sair de aquí, non afogarme máis nas rutinas desta cidade que aniquila os espíritus. Aínda é cedo, ainda podo borrar esto , e construír un futuro próximo que teña algo de esperanzador, algo de preludio dunha felicidade posible. Non sei. Coma sempre, todo pode mudar nun segundo, sempre pode suceder algo que nos libere da monotonía, ou sempre podemos cambiar o humor. Quedan horas por diante. Entre tanto, que sexades felices.
22 febrero, 2008

Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario