Esta mañán de luns síntome especialmente contenta. Agradece un a esperanza, os finais abertos, cheos de luz, a posibilidade piedosa de felicidade. Así sinto eu o mundo esta mañá, amplo e posible, como unha viaxe infinita chea de aventuras e de espectativas. Non hai grandes explicacións para o meu estado de ánimo. Pode que a choiva me trouxese un pouco de perspectiva , ou que simplemente unha poña ao mal tempo boa cara. Quizais ten algo que ver as marabillosas vistas que puiden contemplar o venres pola noite dende un noveno piso dun edificio da cidade. Quizais ten algo que ver coa música que soaba de fondo, Hallelujah de Leonard Cohen, enchendo totalmente o espacio. Quizais sexa o recordo gravado na pel dunha seducción indescriptible, que trascendeu casi os límites da realidade. Fose o que fose, o luns de hoxe non ten sabor a luns no medio dos papeis e do son dos telefónos da oficina. Nin siquiera o café sabe ao de tódolos días.
As veces simplemente hai que deixarse seducir, arrastrar un pouco polos acontecementos e desconfiar dos estereotipos que nos marca a climatoloxía. Chove na rúa, e sin embargo sinto que a realidade é moito máis confortable que o argumento de calquera película. Hai luns así, que nos sorín dende a fiestra aberta de par en par, que nos mostran que tamén a felicidade é posible.
No hay comentarios:
Publicar un comentario