22 julio, 2008

(Sobre a amistade)

http://www.lavozdegalicia.es/pontevedra/2008/07/22/0003_7003147.htm


Quen ten un amigo ten un tesouro. Supoño que co paso do tempo vai un dándose conta destas pequenas cousas que conforman toda unha sabiduría. Os amigos son o que nos queda cando todo vai mal, e o que temos cando todo vai ben. Onte pasei a tarde cun bó amigo, un amigo deses que se gañou o dereito a chamarse amigo con tempo , dedicación e paciencia. Entende a amistade coma min, con sinceridade e sin remilgos, por riba de convencionalismos e de medias verdades. Somos amigos porque nos queremos e porque cando estamos xuntos todo é sinxelo, as conversas e os silencios. Incluso os bicos, de cando en vez. Somos amigos porque nunca nos propuxemos selo, simplemente estivemos ahí, un e o outro, paso a paso, dende aquel primeiro día no que nos atopamos nunha aula da Facultade de Ciencias Políticas en Santiago de Compostela. Foi no ano 2000, recén estreado o ano. Onte paseamos pola praia e non existía nada máis que aquela tranquilidade baixo o sol, a nosa conversa intrascendente ás veces, o noso xeito de mimarnos, de facernos sentir que podemos contar un co outro a pesar do tempo e da distancia.
A amistade é o único que conta cando non sintes amor verdadeiro cada amencer, cando a familia está lonxe, cando a vida se convirte en algo que nos afoga. Lin este artigo e pensei que tiña razón quen o escribía. Os amigos non se contan en número, mídense en calidade, non en cantidade. Os amigos non sempre che dan a razón, pero ilusionanse cando despois de tempo sin verte agardan a túa visita. Emocionánse ante a proximidade dunha viaxe xuntos. E disfrutan dunha caña contigo a media tarde ao tempo que len o xornal, sin necesidade de cruzar unha palabra. Os amigos non son clones do noso intelecto nin das nosas inquedanzas, non pensan coma nós, nin comparten a nosa ideoloxía. A amistade non precisa tanto, basta o propósito compartido de aceptarnos e querernos.

1 comentario:

Raquel Gulías dijo...

"basta o propósito compartido de aceptarnos e querernos". Síi, a pesar de nuestras diferencias ideológicas, y personales...como dices. Me ha encantado esa frase, que lo resume todo de una forma tan dulce e inteligente.