Estou farta de dar explicacións a uns e a outros, ¿ será posible que non pode unha facer a súa vida sin ter que contar cada un dos seus movementos ? Quero ir ao meu aire, ir ao meu aire en xullo non debería ser ningún delito, nin extrañarlle a ninguén.
Estou noutra película, con certa tendencia ao "hippismo" e ao desaliño e á despreocupación. Descubrín no paseo de Baltar, en Portonovo un posto de roupa e bisutería artesanal rexentado por unha xoven parella que me está servindo de inspiración para afrontar con optimismo estes días de finais de xullo. El , un home alto, con rastras, extremadamente fermoso e educado, faime tremer o corpo cada vez que o vexo. Fíxome unha pulseira á medida, preciosa,aparatosa, que acabará por convertirse no símbolo deste verán que estamos a vivir. Será o obxecto que reviva os meus recordos deste verán do 2008, que active todos os meus sentidos e me devolva dentro de moitos anos ás sensacións que agora experimento sin prestar demasiada atención.
Traballa o coiro con talentoso esmero, e parece disfrutar do seu oficio de artesán e vendedor ambulante. Fala varios idiomas, e leva nos pés zapatos que él mesmo confeccionou.Decidín onte mesmo darlle o título de home máis guapo do mundo, e penso que ben merecido. Gústame todo del, o seu rostro casi perfecto, a cor da súa pel, o seu estilo de home bohemio , hippie con certo aire de intelectual autodidacta.
Luce nun pe unha pulseira igual á que eu lle merquei, e cando viu como me quedaba, fixo un xesto que me conquistou, un xesto que creaba entre os dous certa complicidade, coma si ninguén máis fose capaz de lucir tremenda pulseira con dignidade e orgullo. E simplemente dixo "mola", con certo desenfado, como querendo expresar que tan só nós comprendiamos certos estilismos. Namoreime. Lástima que tivese á súa beira a unha muller tamén fermosa, igual ca él , que tamén traballa o coiro e que tamén fala idiomas, que me fixo morrer de envexa por uns segundos.
Paso tódolos días por ese posto, unha ou dúas veces. E un sitio agradable, onde sempre hai cousas novas que ver, e que mercar. Síntome feliz nese ambiente, e tan só a contemplación do discurrir da vida nese pequeno micromundo de trotamundos artesáns me produce unha especie de cosquilleo, algo así como cóxegas de ledicia nas entrañas. A vida debería ser así, sinxela e doce, de un pobo para outro, sempre na procura do sol e dos turistas, sempre traballando ao ritmo que marcan as nosas inquedanzas e desexos, aprendendo idiomas a medida que se aprenden cidades e quereres. Da India a Bendidorm, de Benidorm ás Ramblas, das Ramblas ao paseo de Portonovo...
No hay comentarios:
Publicar un comentario