Adolfo Suárez foi unha peza clave na historia do noso país, o home que fixo posible a transición á democracia nun clima político revolto no que tanto os dun bando coma os do outro estaban cheos de odios e rencores. E nese clima Suárez soupo buscar a fórmula, ter o talante xusto e preciso para negociar con todos e instaurar unha democracia que o tempo nos confirmou como firme e consolidada.
Dende o 2003 non tivemos imaxes de Suárez, gravemente afectado por unha enfermidade dexenerativa, e por iso , a foto do día de onte non podía ser outra que a de Suárez e o Rey, paseando polo xardín da súa casa. A foto móstranos ao expresidente de costas, pero ainda así podemos ver ao que home que foi, elegante e sumamente atractivo, cunha personalidade arrolladora. O Rey pásalle agarimosamente o brazo por riba, e pasea á súa beira, como si fosen dous vellos amigos. Xuntos fixeron unha gran obra, e nesta fotografía resúmese perfectamente os afectos que se profesan.
O colar que lle entregaron onte a Suárez supón a distinción de maior prestixio en todo o mundo, e sin embargo no caso de Suárez non deixa de ser unha distinción póstuma. Non lembra quen é nin quen foi, e non alcanza a comprender -ironías deste mundo- o papel que xogou na historia de España. Simplemente pasea tranquilamente polo seu xardín cun home que foi a visitalo, un home que lle fala con cariño, que lle resulta amable e cercano. Descoñece que é o Rey, que foi levarlle unha condecoración importante, descoñece que el foi presidente de España, que a historia deste país está en deuda permanente con el porque fixo posible a convivencia pacífica de todos despois de tantos anos de dictadura. Un home que perde a súa memoria perde tamén en parte a súa identidade, ainda que a min gústame crer que un home que tivo unha vida tan plena , ainda sin recordos , ten que conservar nalgún recuncho do seu ser a esencia última do que foi.
No hay comentarios:
Publicar un comentario