21 julio, 2008

Luns

Xullo evapórase, fai calor, por fin. Nas oficinas a calor lévase mal, ou moi mal, sobre todo os luns, cando os ollos non queren abrirse e a resaca da fin de semana nos ataca como unha besta destuctora. Non pasou nada relevante, foi tan só unha fin de semana como outra calquera, cos incidentes que suceden cada día e que se convirten en parte das nosas rutinas. Estamos acostumbrados ás desgracias e xa nin nos afecta lelas nos xornais. Pereiro foise do tour e non irá tampouco aos xogos olímpicos, houvo un atentado de ETA , e bastantes mortos nas autoestradas. Nada importante, nada novo.
Eu non lin os xornais, para qué , si no verán vivimos nunhas vacacións continuas nas que todo se resolve con cañitas e caipirinhas ao sol. Pel dorada, area nos pés e na cabeza e moita minisaia. Tortilla e calamares nas terrazas , xelados polos paseos e moito trasnoitar. ¿Quén dixo crise?
Vin unha fotografía dun preso de Guantánamo, púxome os pelos de punta, un escalofrío extraño percorreume o corpo, quitoume a gana de ler a reportaxe. Vendo esa foto dase un conta de que o mundo -o noso mundo- é un lugar hostil , feo , desagradable e nada agradecido. As veces custa crer que sexa habitable. E sin embargo aquí estamos, todos cunha queixa nos beizos, cheos de razóns, alleos ás desgracias dos demais. A quen lle impota a tortura si sucede moi lonxe de nós e son outros os que a sofren. E a quen lle importa que medio mundo morra de fame, ou de cangro de utero, ou de sida. A quen lle importa que miles de persoas durman entre cartóns na nosa cidade, que os vexamos cada día agarrados a un cartón de viño como quen se agarra a única esperanza posible. E mentres o mundo xira sin sentido , cruelmente, nós disfrutamos do verán, e queixamónos de tantas e tantas cousas.
O preso tiña os ollos vendados cunha pañueleta negra. Levaba o pelo longo e barba, consecuencia non dun estilismo hippy senón froito do desaliño que provoca o estar encerrado nunha celda sin condición mínimas de habitabilidade. Sin condicións mínimas de dignidade. Desnudo. As mans atadas con esparadrapo á altura da cadeira. Os pés atados. A vida atada a ese espacio sin lei, na que os presos deixan de ser homes para convertirse en bestas que non merecen nin trato humán nin copaixón.
O mundo é un lugar hostil que me provoca naúsea, espanto , medo. Non sei como podo seguir levantandome cada mañá sabendo que existe ese home cos ollos vendados e un sufrimento real no seu corpo. E sin embargo, ainda disfruto dun día soleado, dun café matutino no bar do Javi, dunha tarde de praia, dun bico nunha praza de Marín cando soa de fondo música atronadora. Somos monstruos por superviviencia. Optimistas a pesar de todo ,en defensa propia. E a nosa natureza, resistir de maneira insolidaria, porque non nos queda outra. Pero monstuos todos, ao fin e ao cabo.

No hay comentarios: