Durmín pouco, casi nada. Durmir no verán paréceme unha perda de tempo. Claro que este é un pensamento cambiante, porque outros días durmir é como unha cura aos males que me aflixen, según. Tampouco me tomo demasiado en serio, e así podo dicir o que me peta. Hoxe durmín pouco, casi nada. Tiña o recordo do último bico marteleándome na cabeza, como unha dor que non se pasa con nada, que non che deixa concentrarte, nin durmir. Nin siquiera sei si o ruído que ese bico está facendo na miña cabeza é para ben ou para mal. Os bico deberían deixar claras as intencións, non sei, ser clarificadores. Pero non, son incógnitas que chegan por sorpresa e que non sabes cando voltarán a repetirse.
O meu - xa mo di un amigo- é golpear a pedra coa cabeza ( esto ven do dito aquel que di " o home é o único animal que tropeza tres veces na mesma pedra", pois ben, dicimos nós, que non tropezamos tres veces, senón que lle damos coa cabeza unha e outra vez, e non aprendemos) ata que acabo coa testa partida polo medio. Caín no mesmo erro que fai uns meses, como si o verán fose unha constante repetición de erros, que se me impoñen como unha condea da que non consigo liberarme. Quizais fun presa dunha maldición ou me botaron mal de ollo, o caso é que móvome en circos e sempre acabo no mesmo punto. Merda de sitio onde acabar, por certo. O bico de onte -gustoume, non digo que non- tiña un recheiro de cousa gastada, pasada de moda, sin xeito. E o peor de todo é que sei que non foi o último.
No hay comentarios:
Publicar un comentario