Os días festivos son ,queiramos ou non, días definitivamente distintos. Desconecta un da realidade das cousas e de pronto o corpo todo ponse de vacacións e non admite máis que caprichos e praceres extra. O café non sirve no bar de sempre, hai que tomalo nunha terraciña coa brisa petándoche nos ollos, e o menú, ainda que ti estés soa coma sempre , ten que ser tamén distinto.
Potevedra amenceu con nubes e claros e o meu corazón está coma sempre, como aquel chiste que nin frío nin calor, cero grados. Os meus pulmóns resisten, pero non lles queda moito. Si fóse unha velliña de 80 diría cando me preguntaran cómo me atopo, pois que vou tirando. Pero como non é o caso, ainda non pinto canas, pois non sei cómo me atopo. Quizais a palabra que mellor me define ultimamente sexa cansa. Cansa de arrastrar o meu corpo para todos lados, de respirar con estes pulmóns que perden fuelle, de andar e cansar ao mesmo tempo, como si me estivese quedando sin enerxías. E xullo continúa no calendario o seu paso alleo ás miñas inquedanzas, alleo a que eu respire ou non, a que eu me vaia desgastando de cansancio.
O primeiro que se resinte nesta metamorfosis decadente é a líbido, despois todo o demais. Vamos, que ao paso que vou desconfío que vaia a caer presa dun romance de verán. Por estas datas o pasado verán xa estaba máis que enfangada en historias sentimentais suicidas , pero polo menos tiña o corazón revolto e espelido. Agora, qué, como un morto en vida, que non sinte nin padece, que tan só se cansa, merda de cansancio. O corazón como metáfora dos sentimentos ten o seu aquel, como órgano vital que move o noso mecanismo, o meu é simplemente un timo. Hoxe regalaballe o meu corazón a calquera -marcapasos incluído- e que se apañasen eles con estes días de rutinas sin fin, e que tirasen pa diante con alegría, e mesmo que tentasen botar un polvo.
Ay, os días festivos nas cidades...Nada como unha aldea en festas para levantar o espíritu, pero esto...O único bó é que non tiven que madrugar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario