01 julio, 2008

Las mujeres de verdad tienen curvas



Hai películas que te transforman por dentro, que che dan outro punto de vista, que che mudan a mirada. Esta é unha desas, que comeza prometendo pouco, pero que vai enganchando a través do ollar doce da protagonista. E muller, intelixente, e é "moito máis do que ten entre as pernas" . O tema de sempre, o destino inevitable entre nais e fillas ao non entendemento, a procura dun lugar no mundo, a loita por saír da cochambre onde a algúns lles tocou nacer e criarse, a rebelión contra o establecido, contra as tradicións que pretenden aniquilar o desernrolo personal e intelectual dos que teñen moito que aportar.E a aceptación do propio corpo, da propia humanidade, da realidade de muller tal e como é. As mulleres de verdade teñen curvas, sin máis.

O sexo é unha forma de comunicarse, non onde comeza e conclúe todo, e os embarazos nada teñen que ver co honor, senón con non usar preservativos. Sinxelo cando se pon a intelixencia ao servizo da realidade que nos tocou en sorte. Pero a sorte é mudable, hai que poñer medios.



Os finais abertos e felices son tranquilizadores. Fannos libres e dannos esperanza. Ana, a protagonista, camiña airosa por unha rúa ancha de Nueva York. Vai maquillada, leva brillo nos ollos e os beizos destacan no seu rostro dun xeito casi sexual. Fermosa. Camiña como lle dicía súa nai -neso tiña razón- pisa con determinación cara o futuro. Non hai máis. Cando saes do furado por diante só queda porvir.

No hay comentarios: