Volver á cidade despois duns días nas praia é como volver á rutina, custa acostumbrarse de novo ao ritmo que marcan os horarios. Logo a choiva, facendo ainda máis dificil plegarse ao discurrir constante da normalidade. Sin embargo, as rutinas tamén atopan espacios para o esparcimento, como os mércores, que se enchen de música na Cabaña, e de fondo a voz de Gustavo cantando onte en brasilerio para contentar a unha pandilla de trasnoitadas cuarentonas , repipis e faltas de cariño. Cada unha delas, abanico en man, trataban de conquistar ao trompetista, dábanlle aire e conversa a partes iguais, e constantemente buscaban o contacto físico como por descuido, como algo inevitable. O músico chegou a sentirse acosado , era un feito que nos constatou cando buscou a complicidade conmigo e unha amiga facéndonos un guiño. Detrás dous rapaces -guapos- tamén se quedaban coa historia, como si o espectáculo estivese nesa escenificación, propia de Almodóvar, máis que na presenza de Gustavo e os demais músicos no escenario.
E menos mal que existen estas pequenas cousas para matar a monotonía. Para axudarnos a aturar un pouco esta cidade, que se pon insoportable coa proximidade das touradas, polo menos para min.
O sábado xa temos tortura na praza de touros de Pontevedra, con entradas a prezo de ouro. E veremos as rúas ateigadas de mozos e mozas ata riba de calimocho, bebendóo e tirandoo polo chan, como si lle sentase ben á cidade ulir a viño rancio ao mencer. Son tradicións que non acabo de entender, pero ao fin e ao cabo , as tradicións supoño que non requiren explicacións e moito menos precisan do beneplácito dos que en datas así nos sentimos forasteiros.
Si o panorama non podía ser peor, van os operarios que recollen o lixo e anuncian folga para o domingo, despois da festa das peñas. Que si, que é o mellor momento para presionar, deixando aos pontevedreses con toda a súa merda polas rúas, para que comproben que non só é lixo o que queda despois das touradas na cidade, senón unha especie de pestilencia nauseabunda que inunda cada recuncho; a constatación do fin dunha batalla incívica entre as rúas do casco vello. Imperdoable para unha cidade de señoritos.
Non pensedes que estou descargando contra Pontevedra,non. Adoro esta cidade, e como di unha amiga miña, son máis pontevedresa do que serán moitos en toda a súa vida, pero sintoo, coa festa dos touros non podo. (Perdoade entón a miña intransixencia).
Toca a operación fuxida. Duas fins de semana de agosto, inevitablemente. Fuxir onde sexa, para non ter que verme mergullada no ambiente festivo da cidade. Pero cando as touradas pasan, e a cidade volve á normalidade, e nos regala concertos na plaza da Ferrería, sempre gratis, entón todo muda no meu estado de ánimo.
As festas da Peregrina enchenme de ledicia. Disfruto de casi todo o que ofrece Pontevedra neses días, do bullicio, das noites de música, dos fogos de artificio...Pero para eso ainda queda, ¿verdade?
Por certo, hoxe chove, hoxe morre xullo nas nosas pupilas baixo un ceo ennegrecido. Hoxe todo me sabe a despedida. Teño morriña dos bos momentos, incluso os que acaban de concluir. En xullo ao final todo foi ...tan normal.
Pero daremos a benvida a agosto con optimismo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario