09 julio, 2008

Vin un home en pantalón corto e chanclas cruzando a cidade ás oito da mañá. Un home en chanclas lémbrame que estamos no verán, que xullo é verán ainda que eu camiñe á oficina. Que os turistas se vistan de turistas é unha maneira agradable de preservar a orde establecida. Si unha mañá de xullo calquera eu dirixise os meus pasos ao baixo onde traballo vestida de turista, si todos o fixesen deste xeito, produciríase unha especie de cataclismo insoportable. A orde das cousas percíbese en detalles mínimos , nos que non reparamos salvo cando son inexistentes. Un home en chanclas pola rúa indícame que estamos preto do mar, que Pontevedra é casi un paraíso no que xullo e agosto se convirten nun balneario. Vivir en Pontevedra nestes meses é un luxo , disto dinme conta en seguida, cando cheguei a esta cidade e tiven que pasar aquí o meu primeiro verán. Descubrín entón o sol, como quen descubre un tesouro do que descoñecía a súa existencia real, e co sol descubrín todo o demais.
Xullo está correndo, non quere pasar desapercibido, pero ao mesmo tempo, discurre cunha cotidianidade extraña, casi febril. A verdura é un escenario desexable, que acolle a quen pasa, a quen mora entre o bullicio desta cidade chea de nenos que berran e corren e rin por tódalas esquinas. Os mércores son especiais no cómputo das semanas, como unha ponte que nos conduce á fin de semana, a praceres novos ou repetidos.
Nas oficinas o tempo faise plastilina, estira de maneira irremediable, e non chega a hora liberadora da caña no bar do lado, como un oasis no medio do deserto.
Estou de regreso ás horas habitadas por mortais que traballan e logo van á praia. Durmo pouco e deixo que os que me queren mo digan si lles peta. Agardame unha caipirinha para celebrar este día de ausencias no meu corazón. De balerios que non se enchen con casi nada. A tranquilidade dos días é como un estado de coma involuntario que non precisa grandes coidados. En coma pénsase moi mal, e sóñase ainda peor. Morre un en vida, e tan só queda a esperanza dunha resurreción a tempo, baixo un verán redescuberto.
Feliz xullo...

1 comentario:

vanesa dijo...

Hola.
Ayer pasé por C/Riestra y ví a una pareja con sus dos hijos adolescentes.También con bermudas , chanclas y gafas de sol (turistas).
Recordé ,igual que tú ,que estamos en julio.Lo que me llamó mas la atención fue ver a los chicos cruzar la calle y posar para una foto delante de una tienda de gominolas.No delante de las ruínas,no!!.
Supongo que lo ellos querían fotografiar era el nombre del local.Creo que se llama
"Bandullo", o algo así.
Es gracioso en lo que reparamos cuando vamos a otra ciudad,¿verdad?