03 julio, 2008

Hai días así...



Despertei esta mañá cos ecos da liberación de Ingrid Betancourt resoando por tódalas esquinas. Liberada por fin , despois de seis anos de cautiverio, de tortura, de humillación. A euforia pola copa de Europa sobrepasou tódolos pronósticos, pero eu son rara, e alegreime máis pola liberación dos rehéns colombianos, xa vedes. Porque o meu gran temor, ese medo que non podería superar, está sempre unido a perda de liberdade. E algo que non soportaría, vivir encerrada, baixo calquera circunstancia, legal ou ilegalmente, vendo como os días se suceden un tras doutro nun cautiverio inconcional, xa sexa en mans dunha guerrilla ou dun depravado psicópata ou nun cárcere cumprindo condea. Por iso, cando coñezo historias como a de Ingrid, e vexo o tesón, a forza coa que sairon adiante durante anos en condicións infrahumanas, non podo evitar sentir unha tristura densa por esas vidas arrebatadas, e penso sempre en que eu non sería capaz, eu non sobreviviría nin un mes.



Busquei despois a Jabois http://manueljabois.blogspot.com/ no Luns a Venres, para que me contara a actualidade como él sabe, como él escribe, e coma sempre non me deixou indiferente. Fala da muller que morreu nunha sala de espera dun hospital psiquiátrico, despois de 24 horas de espera sin que ningúen lle fixese caso, e na máis total e absoluta soedade. Tan só as cámaras grabaron a súa agonía, as súas convulsións, o seu fin. Pero peor foi o que se grabou despois, cando xa morta , tendida no chan , descubriron o seu corpo, e nin se achegaron a socorrelo ou a tocalo. Conmoveume sobre todo o funcionario que correu un pouco a súa silla xiratoria para ver o corpo tendido, como quen se achega para ver un papel que tiraron no chan ao que non da importancia. Nin se levantou. Como unha cadela, di Manuel Jabois, pero hai cans que morren con máis respeto por parte dos que os rodean.


O mundo é así, cheo de desgracias, cruel e absurdo. Imposible. E no medio de tanta inmundicia, intentamos, e mesmo o conseguimos, ser felices.

Hoxe a mañá salvouma Zapatero, coa medida que proporá no 37 Congreso pola que os inmigrantes non comunitarios poderán votar nas eleccións municipais, en principio, para logo extender o voto as eleccións xerais. Zapatero concederá dereitos políticos aos inmigrantes. Conceder, esa é a clave. A integración só é posible cando os cidadáns que viven nunha democracia participan libremente na elección dos seus representantes políticos. Sin dereitos políticos , aos inmigrantes ou lles dan ou lles quitan, sin que eles poidan opinar. Sin dereitos políticos non existe Estado de Dereito, nin Estado Social, son só quimeras. Sin dereitos políticos os inmigrantes son cidadáns de segunda, que non pode decidir co seu voto a súa sorte, que tan só poden agardar que os gañadores nos procesos electorais decidan concederlles o título de cidadán ao completo.



E logo Europa, con Francia de estreno na presidencia rotatoria. Polonia rompeu o seu sí ao Tratado de Lisboa, e esa é a primeira hostia que ten que encarar Sarkozy. Cada vez é máis dificil encauzar Europa, o que a UE vai ser.


Desaceleración. O prezo dos espagueti- lin onte nun xornal - subio o 26 %. Chamoume a atención a noticia porque de pronto a mente foiseme a aquel menú habitual dos estudiantes universitarios, espagueti con atún. Era o símbolo da precariedade, dos petos baleiros que dificilmente chegaban á fin de semana, do único manxar permitido cando os cartos de papá escasamente alcanzaban para fotocopias e cervexas. Daquela -eran outros tempos- cunha lata de atún e un paquete de pasta solucionabas a túa economía. Non había desaceleración, claro. E cando escribo, doume conta de que me vou facendo vella, entre palabras e mentiras. "Hai que seguir soñando mentres soñar sexa gratis, hai que seguir bailando mentres soe a música..." cantaba Gustavo onte pola noite. A voz de Gustavo sempre é esperanza, sempre é ledicia nas noites de mércores. Gústame porque cando fala de amor non empalaga, cando fala da vida non vende imposibles. O mundo é a merda que é, pero hoxe Ingrid está coa súa familia, e iso, é mellor que gañar a Eurocopa.

No hay comentarios: