29 julio, 2008

Ponte de xullo

Hai fins de semana que son simplemente diferentes, e que che indican de maneira clara que estamos no verán. Xa botaba de menos esa sensación de cansancio infinito e emoción, de nostalxia doce do que acaba de suceder, como si lembrase un bó soño ao despertar que me parece casi real. Non sucedeu nada especial ,quizais , pero basta o feito de estar entre amigos, na cotidianidade que se crea cando levas máis de dous días nun camping, coa praia , o mar e as terrazas dunha zona turística como escenario, para liberarse un pouco das cadeas que nos oprimen cada día.


Os bicos cosiguen mudar as cousas, facer o mundo un lugar mellor, e convertir unha fin de semana nunha especie de paraíso.

Ninguén fai caipirinhas tan ben como o meu cuñado, eso si, ás veces conseguir o ingredente básico pode complicarse un pouco. A elaboración tivo pola súa parte esmero e amor a dosis iguais. Moito xeo e todas as expectativas imaxinables postas no resultado final. Resultou sen dúbida a bebida por excelencia da fin de semana, a que rodeou os nosos soños cunha túnica de posibilidade e convertiu o noso sonriso en profundo en sinceiro. Degustar caipinha entre bos amigos é casi tan extraordinario como adentrarse na realidade da fin de semana con optimismo, faga sol ou chova, facendo plans a golpe de reloxo e climatoloxía. Spray para o pelo de peinado fácil, pantalóns tailandeses e bolso de trote. Inevitables algunhas feridas de guerra, descubertas ao despertar, e resacas agónicas e infinitas que se resolven nos chiringuitos de praia diante dunha cervexa ben fría. E uns que chegan, outros que se van, cada un ao seu aire, xuntos no fondo , convivindo sin complexos , percorrendo restaurantes, arrastrando os pés camiño da praia, apurando as noites ata o final, buscando bicos nos rincóns máis inesperados. Aprendendo – sei que Bea agradecerá que mencione este dato- a usar as máquinas expendedoras de snaks. E saen nomes que resoarán na memoria deste verán, cando o frío esté aquí e nos sigamos na procura de soños en común. Sempre nos quedará clavada na retina a primeria ollada que Miguel lle botou a Bea cando a descubriu no medio da noite, nese intre eu soupen que o chaval estaba namorado. Sempre quedará o primeiro piropo que se escoitou esa mesma noite referido ás miñas pernas da boca dun home chamado Dani. E quedará a complicidade das conversas nas terrazas, mortos despois de todo, de tanto, deixándose as palabras levar no medio de gominolas e chocolate.

Area nos pés, crema bronceadora nas mans, os ollos cansos e o corpo exhausto. Amistade a flor de pel. Felicidade. E no medio da madrugada unha chamada de teléfono dame unha boa noticia, como si toda a perfección do mundo tivese que conseguirse nese día.

1 comentario:

bor dijo...

Jejeje... Una máquina con poderío, sin duda. Primero, ella sola consigue que me sienta la persona más torpe del mundo y al mismo tiempo sirve para... ligar???. Segundo, consigue cambiar el rumbo de nuestra noche, nuestros planes.

Valió la pena nuestra poca destreza a la hora de sacar de esa máquina expendedora una insignificante caja de chicles. Lo mejor: las risas.

Ánimo reina. Besitos.