14 julio, 2008

Cousas do verán


As terrazas con vistas ao mar, de noite cobran un aspecto casi máxico, que invita baixo as estrelas á conversa e á risa, a un percorrido pola nostalxia dos veráns que quedaron atrás e ao debuxo do futuro desexable. A brisa fresca que corre nestas noites de xullo, o olor que arrastra polo ar a cercanía do mar, e a presenza de bós amigos fan dalgúns momentos instantes inolvidables.

A mellor copa da fin de semana foi sen dúbida nunha destas terrazas, en Portonovo, conversando co mozo dunha amiga sobre os soños que nos gustaría alcanzar, e aos que dalgunha maneira xa renunciamos, ainda sin sabelo. Pero a parte da noite estrelada, algo freca e que me brindou sen dúbida risas e anecdotas, a fin de semana estivo chea de retales que pasarán a formar parte para sempre do meu album de fotos particular.

Nas rocas estrenamos unha desas redes que usan os nenos para pescar cangrexos, non lembro como se chaman , e conseguimos pescar unha nécora xigante , que logo devolvimos ao mesmo sitio onde a capturáramos ante a dúbida de qué facer con ela, e despois de mareala durante uns vinte minutos dun lado para outro ( sin pretendelo, por suposto). Xogamos ás palas ( tamén recén adquiridas igual que o artiluxio de pescar ) e nestes dous xestos recobramos parte da infancia, e daquela felicidade baleira de complexos, na que tan só facía falta o sol ,a area quente baixo os pés e o mar enteiro diante os ollos, agardando a ser conquistado. E así descubrimos de novo que a liberdade de ser nenos pode alcanzarse xogando nunha praia repleta de xente, así de simple, así de fantástico.

E nesa mesma praia , tivemos que atoparnos cun icono da política vilalbesa, o noso fabuloso e ben querido alcalde, que está de veraneo con toda a súa familia. Alí estaba con seu bañador amarelo Gerardito, convertido nun homiño pequeno e insignificante para os que o rodeaban, sentado nunha silla pregable, cun sombreiro ridículo que lle confería un aire de personaxe casposo, algo patético. Pois si, así son as cousas, non hai máis que darse unha volta estes días pola praia de Canelas en Portonovo e alí atoparemos ao alcalde de Vilalba , á súa esposa , fillos, irmá , nai e cuñado, que xa se sabe, a familia que veranea unida…Como alcalde o seu soldo ascende a uns 6000 euros mensuais ,un dos soldos de alcalde máis altos do noso pais, ahí é nada.



Por certo de amor nada, de sexo nada de nada, e de alcohol cada vez menos que xa teño edade para cuidarme, pero ainda puiden experimentar o que é sentirse desexada e levantar paixóns as sete da madrugada. Ligamos unha amiga maís eu con dous expresidiarios, exdrogadictos ( agora só fuman porros) que tiñan un coche roubado á porta do garito onde os coñecimos. A verdade é que o aspecto que presentaban avalaba as súas confesións, e ainda que ían de malos malotes eran uns auténticos cabaleiros, pois só querían convidarnos a cear, que bonito. Quedouse todo nun baile, que unha cousa e crer na reinserción dos delincuentes e outra ben distinta ter que asumir todo o proceso nunha soa noite.







2 comentarios:

Unknown dijo...

Falando de politicos e do verán a cousa poderia ir de mal en peor, porque tal e como van as cousas ainda todavia non puxeron as chanclas a meirande parte deles. Tamen e verdade que son xente coma nos, seres humans, e que no veran se lle nota un pouco mais. Ainda nos queda moito veran que ver, moitas noites e moita praia e moito chiringuito e moitos lumes que apagar. Feliz verán.

Reina de Palandria dijo...

jajaja, que bó eres cando te pos, eh chaval. Cando voltas? e ti, qué, andas en chanclas ou andas polo monte?

Bicos.