Hai primaveras ás que lles custa aparecer no escenario das cidades. Hai primaveras que non van a traernos unha nova vida baixo do brazo, pero eu estou agardando , espectante, mentres disfruto das últimas horas que nos quedan para lucir as gabardinas.
Cando se camiña tranquilo polas encrucilladas do tempo, das rúas mortas, das promesas esquecidas en calquera madrugada, todo pode mudar nuns segundos en pura probabilidade, en acción , en puro instinto de supervivencia , ou afondamento na búsqueda particular da felicidade. Non convén desistir, nin desesperarse. E máis fácil deixarse levar polo paso dos días , cada vez máis longos, e cambiar a hora dos reloxos que marcan o ritmo dos nosos corazóns, e entrar no novo mes coa cabeza fendida polo medio, para que entre toda a luz que se perdeu polos camiños, mentres non atopei a quen amar. E cando abril saúde dende a fiestra aberta de par en par, non dubidar ante a nova proposta que o destino nos poñerá enriba da mesa. Alguén por quen apurar ás horas ata a madrugada, alguén con quen beber ata que te boten do último garito un venres pola noite. Alguén que se atreva entrar nunha intimidade prohibida, e que che bique os pés coa mesma paixón coa que buscou os teus beizos. E nese intre que dura o amor, que todo o demais se quede suspendido no aire, na mirada limpa dos que ainda non coñecemos, dos que sufren, dos que morren cada día víctimas das atrocidades máis contemporáneas. E dende ahí, contruír o futuro co material co que se construén os soños, sin dar treguas ao desamparo nin a insatisfacción, coma si nada puidese xa trazar, só cada un de nós, o ringleiro que seguirán as nosas pegadas. Gracias Marzo por tanta serenidade, a pesar do mundo que está fóra , grazas por discurrir tan lentamente, amosándome como se disfruta dos días.
No hay comentarios:
Publicar un comentario