18 marzo, 2008

DEREITO Á MORRER

Chantal Sébire quere morrer. Non é un capricho, non é porque se vexa deformada e por iso busca como saída –equivocada según os que lles toca decidir sobre este asunto- a eutanasia. Pide a eutanasia para morrer serenamente, ao mencer , rodeada dos seus. O incompresible é que a decisión sobre a súa propia vida, sobre o momento no que poñer fin dunha vez ao seu sufrimento, sobre a dignidade da súa propia morte , lles corresponda a outros e non a ela. A súa imaxe deu a volta ao mundo. Esta muller forte, que serenamente se dirixe aos medios de comunicación franceses apela directamente a Sarkozy, como última esperanza , despois de que os tribunais deneguen a súa petición de eutanasia. E Sarkozy contesta ofrecendo unha nova diagnose, coma si oito anos de loita contra a enfermidade non deixasen suficientemente claro que o tumor é incurable.
Ela fala da súa dor, e non da deformidade do seu rostro, nin da sua cegueira paulatina. Ela fala da súa dignidade e tamén do dereito dos seus de deixar de sufrir ao vela a ela mesma día a día deteriorándose entre dores brutais.
Pero as leis non entenden de dignidade nin de dor nin de sentimentos. As leis falan do dereito á vida, e falan de asesinato, e non entenden que o dereito á vida implica a vida que un elixe, e tamén a decisión de non vivir morrendo, ante a ollada impotente dos que nos queren e que non poden facer nada para aliviarnos. As leis permitenlle medicala ata entrar en coma , e neste letargo inducido agardar que lle chegue a morte. As leis non a matan , deixana morta en vida, para que os seus familiares afonden ainda máis na súa desesperación , na súa tristeza.
Conmoveume de Chantal, nun primeiro momento a súa fotografía, mostrando o seu tumor monstruoso que a convirte a ela mesma nun monstruo. Despois, cando lin as súas palabras, conmoveume a súa fortaleza e serenidade., a súa capacidade de loita, o seu amor polos seus.
O coma inducido é a solución legal que a hipocresía da maioría dos estados dan á deseperación dunha muller condenada á un sufrimento inhumano por un tumor incurable que vai medrando no seu rostro. ¿ Onde queda a diginidade do ser humán? Este asunto abriu o debate sobre a eutanasia en Francia. A maioría dos franceses , conmovidos pola violencia visual que ofrece a imaxe de Sébire , consideran que esta muller debe morrer na maneira na que ela decida, pero o que non contemplan os franceses é que os tribunais negan este dereito a Chantal Sébire en aplicación dunha lei que se fai no parlamento, Parlamento que se elixe democráticamente polos cidadáns.
As leis poden cambiarse, e son os cidadáns os que teñen na man a chave para mudalas a través da súa participación.
Entre tanto, Chantal, ten que continuar loitando doblemente, contra o seu sufrimento, e contra o sistema legal que lle impide morrer con dignidade.

No hay comentarios: