07 marzo, 2008

Hoxe remata a campaña electoral. Unha campaña electoral que en opinión de casi todos foi demasiado longa e non moi acertada. Penso -modestamente- que ambos partidos prioritarios, PP e PSOE, equivocaron as súas estratexias, e convertiron a campaña electoral nun ataque a dúas bandas, nun combate de boxeo entre dous homes que se xogan a súa vida política no ring o próximo domingo. Sin embargo, no medio deste espectáculo que sen dúbida foi a campaña electoral, hai que recoñecer que uns candidatos estiveron máis correctos ,máis convincentes e incluso máis "democtáticos" ca outros.
A estas alturas, imaxino que casi todos temos resoltas as nosas dúbidas sobre a quen dirixir o noso voto o día 9. Xa todos temos un coñecemento , máis ou menos amplo, das distintas opcións, e o único que desexamos é que paren dunha vez de meternos os seus gritos de guerra polos ollos. Eu non vou enganar a ninguén, xa nos coñecemos, así que sabedes que desexo que gane o Partido Socialista. E máis , non imaxino outra posibilidade que non sexa o triunfo de ZP , que se convirta no noso presidente para os próximos catro anos.
Creo na socialdemocracia, e penso que é moi valente que un partido político aposte, en pleno siglo XXI , nunha Europa que medra económicamente cada día, con sociedades avanzadas culturalmente, por unha opción claramente socialdemócrata. E digo valente, porque a socialdemocracia, rescatada en estado puro nesta campaña polo Partido Socialista, non está de moda, non vende nun mundo globalizado no que se tende cada vez máis a políticas liberais.
O principio básico da ideoloxía socialdemócrata consiste en dar a todos igualdade de posibilidades de conseguir o éxito, e dotar ao Estado dun colchón social no que atopen amparo os que sendo menos afortunados non logren acadar ese éxito. Para levar á práctica esta política social que pon o acento no estado do benestar , non podemos enganarnos, é preciso manter a carga impositiva e non reducir o gasto público. Un goberno que reduce impostos, en detrimento do benestar social , do gasto público, o único que cultiva son cidadáns más pobres, e afonda máis nas diferencias sociais.
Zapatero apostou por este principio, por ofrecer no seu programa unha visión socialdemócrata da económia, así como unha política social integradora, tolerante coas minorías, e respetuosa cos dereitos de todos. Creo na opción do Partido Socialista, e penso que a sociedade na que vivimos, na que levamos vivindo os últimos catro anos, lonxe de ser perfecta, é unha sociedade plural ,que avanza, con cidadáns libres que xuntos van facendo medrar este páis.
Eu vou votar ao Partido Socialista.

No hay comentarios: