Os luns con choiva poden ser unha tortura si non conservas nos beizos o sabor dunha fin de semana diferente. O sabor doutros beizos, dunha maneira casi imperceptible, pero real ao mesmo tempo. Tan real como esa choiva que te calou ato os ósos e che fixo quedarte afónica. Hai bicos que non din nada, que suceden como si se tratase dun simple erro que non traerá consecuencias determinantes. Pero existen bicos, tímidos, que casi non son, que se cravan no fondo da pupila e que te enchen de enerxía e de ilusión. Hai bicos , tímidos, que casi nin son bicos, que che ofrecen unha esperanza, e que convirten o mundo nun lugar habitable. Cando o recordo deses bicos se mezcla no laberinto da memoria cuns ollos que te miraron con tenrura, cunhas mans que te buscaron no medio das palabras , coma si foses unha deusa tan prohibida como desexada, entón, daste conta de que correr mollada baixo a chovia , agarrada ao brazo do único home que nese momento existía no universo, é o máis parecido á felicidade.
No hay comentarios:
Publicar un comentario