De novo mudou a climatoloxía. Fai frío a rabiar. Eu sigo cos nervios pre-electorais que sobre todo están fastidandome o sono polas noites. Pero xa non insisto nos artigos de opinión dos xornais, nin na radio, nin nas imaxes constantes que nos saturan dende a pantalla do televisor. A estas alturas creo que xa a sorte está xogada, e que tódolos cidadáns teñen xa unha idea esencial dos candidatos e dos seus programas electorais. O único que importa, na recta final desta campaña, é a climatoloxía. O tempo inflúe tamén na nosa maneira de votar. Unha xornada soleada, pero sin unha calor excesiva garantizaría unha alta participación electoral. O sol sempre axuda, incluso á democracia.
Non importa a quen se vote o día 9, o importante é acudir ao colexio electoral e participar nese acto primordial da democracia, esencia da mesma, que é o voto.
A democracia, significa goberno do pobo, pois ben, a manifestación principal da democracia é a elección dos membros da asamblea parlamentaria nun proceso de sufraxio universal ,directo e libre. O voto é un dereito, pero tamén un deber como cidadáns, e a maneira na que todos participamos directamente na vida política, construindo o futuro para os próximos catro anos.
Nesta recta final de campaña, cando xa todos estamos cansos dos discursos de Rajoy e Zapatero, das trifulcas entre os distintos candidatos, dos debates , dos debates sobre os debates, dos eslóganes, dos caramelos que nos piden o voto, dos mítines multitudinairos, das guerras de cifras, das enquisas...o único que nos queda é , cos deberes xa feitos, cumprir coa nosa parte nesta marabillosa festa que é a democracia, e acudir a votar o día 9. Faga sol ou chova. Con resaca, ou sin ela. Antes de ir a xantar á casa da sogra, ou antes de ir ao bar a botar a partida, ou antes de ir á praia de Samil a aproveitar os primeiros raios de sol da primavera. Cada un que escolla o momento do día que queira, e que dedique uns minutos a ese simple xesto ao que tan pouca importancia lle damos agora -agora que é un dereito indiscutible- , pero que ata fai ben pouco nos era negado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario