Chove. Chove auga de inverno despois dunha primavera adiantada que nos acompañou durante toda a campaña electoral. Campaña que xa pasou, e todo concluido. Eu sorrío como socialista porque vou ver de novo o rostro de ZP como presidente, pero no fondo, despois de tantos días de loita de partidos e candidatos a través dos medios de comunicación, non cambiou moito, ou nada. E agora pode un descansar, sin que ninguén lle pida o voto, e mirar a choiva caer dende a fiestra pechada, e aproveitar esa choiva que convirte marzo nun mes gris neste calendario, para soñar con cousas que non nos contan os políticos. Para soñar con bicos nos beizos coa primeira luz do día. Con amores prohibidos que son capaces de consumarse, a pesar de ir contracorrente. Con tardes soleadas á beira do mar, nunha terraciña con reeage de fondo. Cos ollos azuis máis fermosos deste mundo.
Non quero analizar resultados electorais, quero ir ao mesmo bar de cada día, e mirar aos de sempre sin rebuscar no seu semblante si votou aos vencedores ou aos vencidos. Non quero ser de ningunha das dúas españas que nos queren mostrar. Quero tomar un café falando das cousas que lle importan aos cidadáns neste marzo pasado por auga , sin que me invada a melancolía. Sin que Rajoy ou Zapatero veñan a enturbiar o clima dos cafés, e poñernos a todos de mala uva. Quero morrer de amor, e non asesinada por unha parella enferma de celos, ou coa miña cara contra o asfalto da carretera. Escribir poemas que nos enchan de esperanza, que nos salven un pouco dos días negros, que ás veces son inevitables. E recuperar os xogos infantís, ser Peter Pan neste mundo ao revés, no que a cordura nos está matando. Que soe o teléfono, e sexas ti quen chama , para dicirme que me queres. Para tenderme unha man , para dicirme que mañá todo será mellor.

No hay comentarios:
Publicar un comentario